Pestanas principais

A comisión de festas de Bertamiráns organiza un magosto para o sábado 19 de novembro

Martes, 15 de novembro de 2022

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha festa do magosto que se desenvolverá o sábado, 19 de novembro, na praza da Maía, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Haberá castañas de balde e música a cargo do grupo A requinta da Maía e do dúo Eva e Camilo.

Ven festexar con nós o Magosto! Este é o lema escollido pola comisión de festas de Bertamiráns para organizar un novo evento. Neste caso vaise a facer un magosto o sábado, 19 de novembro, a partir das 17.00 horas na praza da Maía. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Ames e maia asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Despois de organizar a festa do Samaín o pasado 4 de novembro, agora volven a organizar un novo evento co obxectivo de recadar fondos para as festas de Bertamiráns de 2023. A festa do magosto comezará ás 17.00 horas e está previsto que se desenvolva ata ás 20.00 horas. Ao longo da tarde haberá castañas de balde. Ademais, haberá música a cargo do grupo A requinta da Maía e do dúo Eva e Camilo.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca “o traballo que está realizando a comisión de festas de Bertamiráns dende a súa creación, primeiro para poder levar a cabo o programa Ames en Festas, e agora coa organización de diversos eventos que lle dan vida e animación ás rúas e prazas de Bertamiráns e que ao mesmo tempo axudan a dinamizar a hostalería e comercio amesán”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O magosto de Bertamiráns será o sábado 19"

O lema da iniciativa é "Ven festexar con nós o magosto!"

Multimedia

  • A comisión de festas de Bertamiráns organiza un magosto para o sábado 19 de novembro