- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
O Concello de Ames, a través de dous decretos da Alcaldía, vén de aprobar a adxudicación das obras de eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade en Bertamiráns e no Milladoiro. Este proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames, que está cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). No caso de Bertamiráns, os traballos foron adxudicados á empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA SL) por un importe de 69.820 euros. Con respecto ao Milladoiro, as obras foron adxudicadas a Construcciones Iglesias Mera SL por un importe de 10.807,45 euros. O proxecto ten un orzamento total de 80.627,45 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 5 de outubro a adxudicación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a construción do Mercado municipal de abastos, por un importe de 33.036,77 euros (IVE incluído). O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado municipal de abastos.
Na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves, 1 de setembro, aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado da obra de construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do concurso de ideas, por un importe de 30.000 euros, para a creación dun centro de ocio, cultura e promoción económica no Milladoiro, a través de decreto da Alcaldía. Este acordo coincide coa declaración do estado de alarma por parte do Goberno do Estado, polo tanto está suspendido temporalmente o prazo de presentación de ofertas a dita licitación. Este proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames que está financiado con fondos europeos FEDER. O centro construirase no Milladoiro, na avenida Muíño Vello, xunto ao parque empresarial e nas proximidades do instituto, a área de ocio, o albergue e a Igrexa do Milladoiro.
A Xunta de Goberno Local aprobou este pasado xoves, 20 de xullo, o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, para a redacción do proxecto básico e de execución da construción do Mercado municipal de abastos de Ames, convocando a licitación. Dito contrato conta cun orzamento base de contratación de 33.036,77 euros. O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado municipal de abastos.
A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar, o pasado 27 de xullo, o expediente de contratación do Servizo de Xestión, coordinación, asesoramento, comunicación e difusión do Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames (Ames AV Lab). Dito servizo licitarase por importe de 59.416,65 euros. O Ames AV Lab é un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que busca impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o importante tecido produtivo do sector audiovisual no concello.
Na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves, 26 de xaneiro de 2023, aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado, do servizo para a execución e seguimento das accións do programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de xullo de 2022 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames, que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 30 de decembro de 2021 o pagamento de 28.763,04 euros, correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicio 2021. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense estas axudas para a promoción comercial e para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Bulevar.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pagamento dos 36.137,06 euros correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicios 2017-2018. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, subvencionándose aquelas accións non incluídas dentro da campañas de Nadal, para o cal xa existe unha subvención propia. As asociacións beneficiarias son a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de comerciantes Palmira Bulevar.
- ‹ anterior
- 18 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
Para pechar o programa “AmesON” ,co que a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames, actuará a París de Noia no Milladoiro. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.
Varias personaxes de debuxos infantís como Mickey Mouse e Minnie Mouse; o pato Donald; os Minions; Ladybug; Elsa, Anna e Olaf da película Frozen; unha representación da Patrulla Canina; e Bob Esponja; percorrerán as rúas do Milladoiro para animar a nenos/as e adultos durante este Nadal.
A veciñanza de Ames poderá gozar un ano máis das xa tradicionais prebadaladas. Desta volta, terán lugar o martes 31 de decembro, ás 11.00 horas, na Praza do Concello en Bertamiráns. Ademais de tomar as 12 uvas simulando a entrada do ano novo, os asistentes poderán gozar das actuacións dos gañadores do Canta con Ames e participar na Xincana Xove.
O Concello de Ames ten preparado un amplo programa de actividades para as festas de Nadal deste ano. O programa, organizado por varios departamentos municipais, inclúe múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, que se desenvolverán ao longo do mes de decembro e comezos de xaneiro.
Desenvolverase na Praza do Concello en Bertamiráns. Haberá cotillón, degustación gratuíta de productos e uvas de larpeirada e arandos. Todo isto, cunha actuación musical.
O día 31 de decembro terán lugar, unha vez máis, as prebadaladas de Fin de Ano, na Praza do Concello, de 11:00 a 14:00 horas. A música dará comezo ás 11:30 horas. Esta actividade, encadrada dentro da programación de Nadal do Concello, só puido celebrarse nunha ocasión, no ano 2019, e logrou gran éxito entre a veciñanza.
O Concello de Ames organiza a Gran Festa de Reis, dentro das actividades enmarcadas do Nadal en Ames. O programa comezará coas recepcións reais para os nenos e nenas de Ames os días 3 e 4 de xaneiro, tanto en Bertamiráns coma en Milladoiro. Nestas visitas, os máis pequenos poderán pedirlles os seus desexos ás Súas Maxestades. As recepcións faranse nos pavillóns municipais de ámbalas localidades; o venres 3 pola tarde de 17.00 a 19.30 horas e o sábado 4 pola mañá de 11.00 a 13.30 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. As visitas terán un intervalo de 5 minutos por cada unidade familiar.
O día 3 de xaneiro está programada unha recepción das súas maxestades os Reis Magos nos pavillóns de Bertamiráns e Milladoiro. O horario será de 16:30 a 20:00 horas.
O día 4 de xaneiro está programada unha recepción das súas maxestades os Reis Magos nos pavillóns de Bertamiráns e Milladoiro. O horario en ambos casos será de 11:30 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante as vindeiras semanas tres relatorios informativos sobre a xestión das finanzas do fogar, impartidos pola Unión de Consumidores de Galicia. Os emprazamentos serán a Casa da Cultura do Milladoiro e o salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
- ‹ anterior
- 18 de 22
- seguinte ›




