Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

O laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual Ames AV LAB, promovido polo Concello de Ames e cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña, celebra o próximo luns, 18 de novembro, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, o acto de clausura da súa primeira edición. Este programa, deseñado como un espazo de aceleración de proxectos e fomento do talento emerxente, foi clave para dinamizar o tecido audiovisual local, potenciando a competitividade do sector e fortalecéndoo no ámbito nacional e internacional. Esta xornada incluirá tamén a avaliación final dos traballos, a cargo da Comisión de Avaliación dos premios Ames AV LAB, que xa celebrou a súa primeira reunión o pasado martes, 13 de novembro, para constituírse formalmente e revisar a documentación dos proxectos presentados nas fases 1 e 2 do programa.

Continúa o programa “AmesON” o sábado 17 de xullo coa Primeira Edición da Festa Latina que homenaxeará a Cuba. Actuarán os grupos “Rompiendo la rutina”,”Trío Habana” e “Cuarteto Okán”. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas. Dende a organización anímase á veciñanza a acudir a este evento con prendas de roupa branca.

Unha delegación do Concello de Ames, encabezada polo alcalde, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, visitou as instalacións do centro de coworking do Pazo de Arenaza, no concello de Oleiros. O goberno municipal de Ames inicia así unha rolda de visitas a diferentes espazos de coworking co obxectivo de coñecer o funcionamento dos mesmos, obter ideas para a implantación do novo coworking A Proa e tentar aprender da experiencia destes centros que xa están a funcionar.

As Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade organizaron a cuarta edición das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local coincidindo co inicio do curso lectivo. Esta iniciativa contou coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). A primeira xornada realizouse o pasado venres, 5 de setembro, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, mentres que a segunda xornada celebrouse este pasado luns, 15 de setembro, nas pistas deportivas e no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Estímase que máis de 2.000 persoas participaron nas dúas xornadas de Volta ao Cole.

O Pazo da Peregrina acolleu este mércores, 1 de marzo, ás 20.30 horas, a presentación do anteproxecto do Mercado Municipal de Ames. No acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo redactor do anteproxecto, Jorge Duarte Vázquez, da empresa Atrio Arquitectura e Urbanismo. O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado Municipal de Ames.

O programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2025-2026 comezou a desenvolver as actividades no mes de xaneiro, unha vez rematado o proceso de selección das 100 persoas participantes, e rematará en outubro de 2026. Está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 220.000 euros e cofinanciado polos Concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe acadada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Dende este mércores, 15 de outubro, está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2025-2026. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do ocio e tempo libre, comercio, almacén, administración e xestión, e turismo. A edición 2024-2025 rematou o pasado 30 de setembro. Na edición que vén de rematar o 48% dos participantes tiveron un contrato e traballo nalgún momento do programa.

O programa Ames Emprega e Integra, do cal se levan beneficiado case 350 persoas dende que se iniciou, incorpora dous novos cursos que darán lugar este luns, día 21 de agosto. Esta formación impartida polo Concello de Ames incluirá a partir desta data formación sobre limpezas xerais e sobre recepción e atención ao cliente en aloxamentos.

O Concello de Ames está a rexistrar ao longo de 2026 un crecente interese por parte da industria audiovisual, con múltiples solicitudes de rodaxe en distintos puntos do municipio. Esta tendencia consolida o posicionamento de Ames como un escenario atractivo e versátil para producións cinematográficas e televisivas.

Concello de Ames continúa coa súa programación de actividades polas festas de Nadal, desta volta coa estrea dun tren que percorrerá os días 3 e 4 de xaneiro as rúas de Milladoiro e Bertamiráns, unha actividade enmarcada na programación da Gran Festa de Reis. Este servizo de tren, totalmente gratuíto, estará dispoñible en ámbalas vilas o venres pola tarde de 17.00 a 19.30, e o sábado pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. Cómpre destacar que o sábado pola tarde, en Bertamiráns, o tren terá un percorrido alternativo pola coincidencia co mercado.

Eventos del departamento

Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Destinados a nenos de 6 a 16 anos.

Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza da Madalena, no Milladoiro. Dirixidos a nenos de entre 6 a 16 anos.

Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza da Madalena, no Milladoiro. Estarán instalados no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Dirixidos a nenos de 6 a 16 anos.

Kárting de bicicletas na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, destinado a nenas e nenos de 6 a 16 anos.

A programación de Nadal en Ames este ano contará coa novidade da celebración dun Mercado de Nadal na praza da Maía para os vindeiros días 19, 20 e 21 de decembro. En total haberá 18 postos; 13 de artesanía e 5 postos de alimentación e produtos da horta. O horario de atención ao público do Mercado de Nadal será o venres de 17.00 a 20.30 horas, e o sábado e domingo, de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.30 horas.

A programación de Nadal en Ames este ano contará coa novidade da celebración dun Mercado de Nadal na praza da Maía para os vindeiros días 19, 20 e 21 de decembro. En total haberá 18 postos; 13 de artesanía e 5 postos de alimentación e produtos da horta. O horario de atención ao público do Mercado de Nadal será o venres de 17.00 a 20.30 horas, e o sábado e domingo, de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.30 horas.

O obradoiro de “Adorno de fiestras” celebrarase no local Biosbardos, en Bertamiráns, de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

O obradoiro de “Adorno de fiestras” celebrarase no local Retumban Risas, Milladoiro, de 17:00 a 19:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

O obradoiro de Candeas, dirixido a adultos, terá lugar no local Biosbardos, na Rúa do Rueiro de Bertamiráns de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este  impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

O obradoiro familiar de cotillón celebrarase no local Biosbardos, en Bertamiráns, de 17:00 a 19:00 horas . Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.