Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

O 23 de abril celébrase o Día do Libro. Con este motivo, as bibliotecas municipais do Concello de Ames veñen de organizar unha programación específica para este mes de abril que inclúe actividades pra nenos/as e adulto/as. O venres 9 de abril, ás 17.30 horas na biblioteca do Milladoiro, realizarse un obradoiro infantil de Creacontos. Para os adultos, durante os xoves de abril haberá diferentes presentacións de libros. Ademais, poderán participar no sorteo de bonos en libros nas librarías de Ames. Un concurso de debuxo sobre o Día do Libro completa a programación.

As bibliotecas municipais seguen a organizar unha serie de sesións de contacontos infantís na rede todos os mércores. Baixo o título de “Dixicontos”, os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca. Este mércores, 3 de marzo, pódese ver o conto Galo Quirico.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, enmarcado dentro da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, vén de anunciar a programación de actividades que se levará a cabo nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns durante os primeiros seis meses do ano 2026, na que se inclúe as actividades de contacontos e uns obradoiros lúdicos para os máis cativos de Ames.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames arranca o mes de marzo con novas actividades na súa programación, que abarcan todos os públicos. Esta semana desenvolveranse dúas sesións de contacontos conmemorando o Día Internacional da Muller en ambas as dúas bibliotecas, xunto coa presentación do novo libro de Alfredo Conde o xoves, 5 de marzo, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Tal e como establece a Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, as bibliotecas situadas en territorios que se atopen na Fase 1 de desescalada poden incorporar servizos bibliotecarios, sempre priorizando a protección da saúde e a seguridade tanto para o persoal en bibliotecas como para os usuarios e usuarias dos servizos. Atendendo a esta premisa, este mércores, 20 de maio, procederase á reapertura das bibliotecas municipais de Bertamiráns e o Milladoiro, con novos horarios de atención ao público para atender devolucións, ata o 29 de maio. O servizo de préstamo restablecerase o día 1 de xuño.

As bibliotecas municipais continúan neste inicio de primavera con diferentes actividades para a rapazada de Ames, na que se inclúen varias propostas de animación á lectura. Deste xeito, ao longo desta semana terán lugar as últimas sesións de contacontos programadas para o mes de marzo con “Contos de granxa” na Biblioteca do Milladoiro. Por outra banda, este vindeiro mércores, día 26, realizarase na Biblioteca de Bertamiráns a presentación da programación polo mes do libro en Ames.

As bibliotecas municipais inauguran esta semana a súa programación para o mes de novembro, que inclúe varias propostas de animación á lectura. A partir do 18 de novembro estará aberto o prazo para inscribirse nunha nova sesión de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que terá lugar en tres quendas na biblioteca do Milladoiro. Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao número 981 530 807. As inscricións para as sesións do mes de novembro en Bertamiráns están pechadas. 

As bibliotecas municipais continúan neste inicio de outono con diferentes actividades para a rapazada de Ames, na que se inclúen varias propostas de animación á lectura. Deste xeito, ao longo desta semana haberá tres sesións de contacontos na biblioteca de Bertamiráns, mentres que a última semana de outubro realizaranse outras tres sesións na biblioteca do Milladoiro. Ademais, co gallo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, terá lugar o obradoiro “Deseña a túa mochila”, que se celebrará o venres 24 no Milladoiro e o sábado 25 en Bertamiráns. As inscricións neste caso poderán realizarse do 13 ao 20 de outubro. 

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro as bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro organizaron un obradoiro de pintado de camisetas nos que participaron 44 persoas. No Milladoiro participaron 17 rapaces e rapazas, mentres que en Bertamiráns participaron 15 nenos e nenas. Ademais, fíxose unha sesión na que participaron 12 integrantes da asociación Arcea Adames.

Eventos del departamento

"Contar e cantar" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de novembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 14, 15 e 16 de novembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 28, 29 e 30 de novembro, sempre ás 17:30 horas. 

"Contos de Nadal" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de decembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 12, 13 e 14 de decembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 19, 20 e 21 de decembro, sempre ás 17:30 horas. 

"Contos para rir" é a proposta de animación á lectura infantil en febreiro e marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de febreiro, mentres que no Milladoiro parará os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, sempre ás 17:30 horas. 

"Contos sobre contos" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de abril das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 11, 12 e 13 de abril, mentres que no Milladoiro parará os días 25, 26 e 27 de abril, sempre ás 17:30 horas. 

"Contos de bichiños" é a proposta de animación á lectura infantil dos meses de maio e xuño das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 9, 10 e 11 de maio, mentres que no Milladoiro parará os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño, sempre ás 17:30 horas.

"Lobos e lobiños" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de marzo, mentres que no Milladoiro parará os días 28, 29 e 30 de marzo, sempre ás 17:30 horas.

"Parabéns para ti" é a proposta de animación á lectura infantil de xaneiro e febreiro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 17, 18 e 19 de xaneiro, mentres que no Milladoiro parará os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, sempre ás 17:30 horas. 

"Merenda de contos" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de outubro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 3, 4 e 5 de outubro, mentres que en Bertamiráns parará os días 17, 18 e 19 de outubro, sempre ás 17:30 horas. 

"Contar e cantar" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de novembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 14, 15 e 16 de novembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 28, 29 e 30 de novembro, sempre ás 17:30 horas. 

“Contando e croando” é unha das propostas de animación á lectura infantil de novembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de novembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 15, 16 e 17, sempre a partir das 17:30 horas.