Pestanas principais

> Sesión de contos no Milladoiro

martes, 28 Febreiro, 2023 a xoves, 2 Marzo, 2023
Ás 17:30 horas

"Contos para rir" é a proposta de animación á lectura infantil en febreiro e marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de febreiro, mentres que no Milladoiro parará os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, sempre ás 17:30 horas. 

O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca do Milladoiro estará aberto do 20 ao 25 de febreiro. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 53 08 07 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.