Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

Dentro da programación das Letras Galegas 2021, as Bibliotecas municipais de Ames organizaron dous obradoiros, dirixidos a nenas e nenos de 3º a 6º de primaria, e o espectáculo de narración oral “Arredor de Xela”, orientado á rapazada a partir dos 5 anos. Para participar no obradoiro de narración oral débense retirar os convites na billeteira electrónica. Para asistir aos obradoiros, é preciso inscribirse previamente nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, chamando aos números de teléfono 981 884 829 / 981 530 807 ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal

As bibliotecas municipais de Ames programan novas sesións de contacontos para os próximos meses. En total, levaranse a cabo nove contacontos ata o vindeiro mes de maio. Estes, serán por partida dobre, cunha sesión de cada conto en cada unha das bibliotecas municipais: Bertamiráns e O Milladoiro. Estas actividades comezan esta mesma semana: os días 5 e 6 de febreiro coa temática de Contos para rir.

O Concello de Ames realiza ao longo do ano unha ampla programación de actividades a través das Bibliotecas Municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Esta programación ten como obxectivo animar á  lectura a nenos e maiores e fidelizar novos usuarios e usuarias. A pedra angular desta programación son os contacontos dirixidos ao público infantil. Cunha periodicidade mensual achéganlle a nenos de entre 3 e 8 anos novos títulos e os clásicos que sempre triunfan. Ademais, dende as bibliotecas realizan obradoiros e actividades dirixidas ao público adulto. Na programación deste ano destacou, ademais, a presentación de dez novos títulos da literatura galega.

As bibliotecas municipais de Ames continúan coa programación de actividades para este mes de outubro. Esta semana haberá dúas sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Así,  o mércores 16 na biblioteca de Bertamiráns, e o xoves 17 na biblioteca do Milladoiro, os nenos e nenas poderán desfrutar dos Contos que veñen e van, con historias tradicionais e actuais onde as voces e os xestos de Pavís Pavós son os elementos principais para transmitilas. A sesións comezarán ás 17:30 horas. Esta mesma semana tamén se desenvolverá o obradoiro creativo: Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína.

A Biblioteca Municipal de Bertamiráns e a Biblioteca Municipal do Milladoiro xa están preparadas para a nova normalidade. Así, a partir de mañá, mércores 1 de xullo, reactívanse os servizos habituais como a consulta, lectura e estudo en sala, ou o préstamo e devolución de obras, pero cunha serie de normas como o aforo limitado ou o uso obrigatorio de máscara. Todo isto, en horario para ambas bibliotecas municipais de 9.00 a 14.00 horas da mañá.

Refuxiarse na lectura, acceder a xogos en familia, descubrir recursos e actividades relacionados co teatro, a arte ou o cine, gozar de sesións de contacontos… Son moitas as actividades que, desde as bibliotecas municipais de Ames, se seguen a ofrecer durante estes días de estado de alarma. Co fin de manter o contacto coa comunidade de usuarios e usuarias das bibliotecas durante o confinamento, desde as bibliotecas municipais séguese a traballar desde a súa páxina de Facebook. A través deste perfil, podemos atopar diariamente recomendacións literarias, recursos dixitais de interese para as familias ou a difusión de inicitaivas que naceron co motivo do confinamento.

O Concello de Ames organiza, con motivo do Día de Rosalía, diversas actividades para conmemorar a figura da escritora, poñer en valor a súa obra e revitalizar a súa filosofía, así como para dar a coñecer a súa poesía entre a veciñanza amesá e lembrar o vencello da autora e a parroquia de Ortoño, onde pasou parte da súa infancia. O departamento de Bibliotecas súmase á programación, poñendo en marcha distintas iniciativas para achegar á poboación o pensamento e os versos de Rosalía: un mural, unha visita grupal ás instalacións da biblioteca do Milladoiro, unha mostra bibliográfica e unha sesión de contacontos. O programa ao completo de actividades polo Día de Rosalía pódese consultar premendo nesta ligazón.

Os días 9 e 10 de abril, as bibliotecas municipais acollerán dous encontros literarios nos que se presentarán os libros de literatura infantil “Mambrú volveu da Guerra”, de Carlos Labraña, e “Valentina nunca calas e o monstro da media cara”, de Charo Pita. Ambos eventos forman parte da programación municipal co gallo da celebración do Mes do Libro. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do Día das bibliotecas varias actividades. Impartirase o obradoiro “Deseña a túa mochila” o venres 24, ás 17:00h, na biblioteca do Milladoiro, e o sábado 25, ás 11:30h, na biblioteca de Bertamiráns. Tamén se fará reparto de marcapáxinas cos debuxos gañadores do concurso de debuxo celebrado en abril con motivo do Día do Libro e entregaranse os premios da campaña de Superlectores.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do Día do Cómic un obradoiro de creación de cómic. Esta actividade, dirixida a nenos e nenas a partir de 3º de primaria, levarase a cabo tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. Aquelas familias interesadas en participar, poderán inscribirse desde hoxe e ata o 13 de marzo escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829

Eventos del departamento

As bibliotecas amesás celebran neste mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tres presentacións de libros na nosa lingua. Deste xeito, o escritor Henrique Monteagudo presentará o seu ensaio “O idioma galego baixo o franquismo”, publicado pola editorial Galaxia.  Será este xoves 5 de maio no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. O autor estará acompañado do catedrático e membro da RAG, Ramón Lorenzo, e da escritora María López Sández, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

As bibliotecas amesás celebran este xoves 19 a última das tres presentacións de libros que organizan en maio co gallo do Día das Letras Galegas. Trátase do poemario “O sal dos días”, do escritor Rafa Vilar, obra gañadora do Premio Rosalía de Castro de Poesía 2021. Será a partir das 20:00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. O autor estará acompañado do profesor e escritor Manuel Lorenzo Baleirón, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A presentación terá aforo libre ata completar aforo.

Co gallo do Día do Dano Cerebral o 26 de outubro, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e as bibliotecas de Ames colaboran na presentación do libro "Mireia conta que é o dano cerebral adquirido", un relato especial da serie Os Bolechas. Na presentación, na que participará Pepe Carreiro, haberá sesión de contacontos e poderanse obter exemplares asinados de balde deste libro. Será na biblioteca municipal do Milladoiro, o martes 25 de outubro, ás 17:30 horas.

O Concello de Ames colabora coa asociación ANEDIA na presentación dun novo volume da colección “Os Bolechas, Amigas e amigos con diabetes”. A presentación será este martes, 3 de outubro, ás 19.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A través deste libro preténdese que os rapaces e rapazas se informen, dunha maneira adaptada a súa idade, sobre a diabetes. Trátase dunha ferramenta coa que visibilizar e sensibilizar.

"Contos de Nadal" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de decembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 12, 13 e 14 de decembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 19, 20 e 21 de decembro, sempre ás 17:30 horas. 

"Lobos e lobiños" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de marzo, mentres que no Milladoiro parará os días 28, 29 e 30 de marzo, sempre ás 17:30 horas. 

"Contos sobre contos" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de abril das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 11, 12 e 13 de abril, mentres que no Milladoiro parará os días 25, 26 e 27 de abril, sempre ás 17:30 horas. 

"Contos de bichiños" é a proposta de animación á lectura infantil dos meses de maio e xuño das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 9, 10 e 11 de maio, mentres que no Milladoiro parará os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño, sempre ás 17:30 horas.

"Parabéns para ti" é a proposta de animación á lectura infantil de xaneiro e febreiro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 17, 18 e 19 de xaneiro, mentres que no Milladoiro parará os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, sempre ás 17:30 horas. 

"Merenda de contos" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de outubro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 3, 4 e 5 de outubro, mentres que en Bertamiráns parará os días 17, 18 e 19 de outubro, sempre ás 17:30 horas.