Pestanas principais

> Sesión de contos en Bertamiráns

martes, 11 Abril, 2023 a xoves, 13 Abril, 2023
Ás 17:30 horas

"Contos sobre contos" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de abril das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 11, 12 e 13 de abril, mentres que no Milladoiro parará os días 25, 26 e 27 de abril, sempre ás 17:30 horas. 

O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto do 1 ao 5 de abril. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.