Pestanas principais

As Bibliotecas municipais de Ames presentan a súa programación infantil polo Día das Letras Galegas

Xoves, 13 de maio de 2021

Dentro da programación das Letras Galegas 2021, as Bibliotecas municipais de Ames organizaron dous obradoiros, dirixidos a nenas e nenos de 3º a 6º de primaria, e o espectáculo de narración oral “Arredor de Xela”, orientado á rapazada a partir dos 5 anos. Para participar no obradoiro de narración oral débense retirar os convites na billeteira electrónica. Para asistir aos obradoiros, é preciso inscribirse previamente nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, chamando aos números de teléfono 981 884 829 / 981 530 807 ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal

O luns 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e, por este motivo, as Bibliotecas municipais de Ames teñen programadas unha serie de actividades infantís durante os vindeiros días.

O venres 21 de maio, ás 17.30 horas, na biblioteca do Milladoiro, celebrarase o obradoiro “Quen dis que era Xela Arias?”, a cargo de Xandobela. A actividade, dirixida a nenos de 3º a 6º de educación primaria, é unha xincana literaria arredor da figura da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021, que lle permitirá aos participantes afondar dun xeito lúdico na obra e vida de Xela Arias.

As inscricións están abertas do 3 ao 19 de maio e pódense facer na biblioteca do Milladoiro, chamando ao número de teléfono 981 530 807 o enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.ga.

Arredor de Xela
Por outra banda, o martes 25 de maio, ás 17.30 horas, desenvolvese no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o espectáculo de narración oral “Arredor de Xela”, con manipulación de obxectos para público a partir dos 5 anos. Raquel Queizás protagoniza esta contada que afonda na vida e na obra de Xela Arias. Xa están na billeteira municipal os convites gratuítos para o espectáculo de narración oral “Ao redor de Xela Arias”.

Obradoiro de creacontos
Por último, realizarase un obradoiro de creacontos, dirixido a rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria. Trátase dunha actividade creativa na que se descubrirán as mil e unha variables que ten un mesmo conto. Xogar, recortar, pegar, debuxar, escribir, escoitar, compartir, falar, descubrir, colorear, construír… serán actividades a desempeñar para sacarlle todo o partido aos contos contados e entendidos de maneira tradicional. Terá lugar o sábado, 29 de maio, ás 11.30 horas, na biblioteca de Bertamiráns.

Para asistir é imprescindible inscribirse previamente, do 10 ao 27 de maio, na propia biblioteca de Bertamiráns, chamando ao número de teléfono 981 884 829 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

Xela Arias.

Multimedia

  • Xela Arias.
  • creacontos
  • Arredor de Xela