Avisos

Ex., 31-08-2026
Ex., 31-08-2026
Xoves, 16 abril, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 18 de abril organízase unha degustación de tapas en catro locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase no restaurante Onde Keiras, Ristorante Tivolino, Restaurante Mollos e Moios, e Café-Bar Terra.
Xoves, 16 abril, 2026
Desde o Servizo de Normalización Lingüística informan de que están esgotadas as prazas para a actividade Contos da Tribo, do programa Apego, que se vai a celebrar o xoves 23 de abril, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta sesión, dirixida por Cris de Caldas, combinará conto contado, formación e música en directo, e está dirixida a crianzas e persoas adultas.
Mércores, 15 abril, 2026
A explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns acollerá este venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, o festival de música infantil, Modo Galego, actívao! Trátase dunha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia.
Venres, 10 abril, 2026
O Concello de Ames informa de que se modifica o horario da visita da unidade móbil de expedición do DNI e pasaporte prevista para o xoves, 16 de abril, á localidade de Bertamiráns. Deste xeito, prestará servizo en horario de 16.00 a 19.30 horas. Pódese solicitar cita para a visita de dita unidade durante os meses de maio e xuño.
Venres, 10 abril, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 10 abril, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 9 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na segunda etapa da ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 18 de abril. Nesta andaina vaise a percorrer o tramo que discorre entre Esteiro e Serra de Outes. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
Xoves, 9 abril, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a Aula AMTIC, organiza para os meses de abril e maio dúas actividades dirixidas aos nenos e nenas, co obxectivo de formar á rapazada en cuestións de índole informática e dixital. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Xoves, 9 abril, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 11 de abril, ás 13.00 horas, organízase un sorteo de cesta de alimentos.
Xoves, 9 abril, 2026
O programa Apego continúa coa súa programación de actividades do primeiro semestre de 2026. Nesta ocasión, organízase para este venres, 10 de abril, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o obradoiro “Arrolar e bailar”, impartido pola Fundación Legar. O prazo de inscrición está aberto ata este xoves 9 de abril. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.