Pestanas principais

Últimas prazas para participar na xornada de convivencia de Distrito 13 17 durante os días 19 e 20 de xuño

Martes, 9 xuño, 2026
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza no mes de xuño, do venres 19 ao sábado 20, unha xornada de convivencia no Camping O Corgo (Muíños). Esta experiencia estará chea de aventura, xogos, convivencia e momentos para crear grupo fóra do habitual. Haberá autobús dende Bertamiráns e Milladoiro en horario de tarde (as horas exactas serán confirmadas proximamente). Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.

O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17, organiza para os días 19 e 20 de xuño unha excursión de convivencia ao Camping O Corgo, situado na localidade de Muíños, na provincia de Ourense. Unha experiencia diferente nun entorno natural no que desconectar, rir, compartir e dar a benvida ás vacacións de verán. 

A saída farase en autobús, que terá paradas tanto en Bertamiráns como no Milladoiro en horario de tarde (as horas exactas serán confirmadas proximamente). Ao chegar, farase o reparto de habitacións, un recoñecemento polo espazo e empezarán as dinámicas e actividades para entrar en ambiente. Xa pola noite, os rapaces e rapazas gozarán dunha velada. 

O sábado continuará a aventura: se o tempo acompaña, pola mañá está programada unha actividade de piragüismo no Encoro das Conchas, aproveitando a contorna privilexiada na que se realiza a convivencia. Ademais, tamén se valora facer unha visita ás termas naturais da zona para complementar a experiencia. 

A convivencia pecharase tras a comida, cun último momento de xogos, dinámicas e despedida antes de emprender a volta no autobús, que ten prevista a súa chegada a Ames pola tarde. Esta experiencia é unha oportunidade para convivir, facer novas amizades, reforzar vínculos e vivir un Distrito diferente. 

Inscrición e prazas
Para poder participar nesta actividade é preciso inscribirse neste formulario. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas que participar habitualmente no Club Xuvenil Distrito 13 17. A semana previa á saída contactarase con todas as familias para recoller información importante que nos axude a preparar a actividade da mellor maneira posible (medicacións, necesidades específicas ou calquera outra cuestión de interese). Antes da saída facilitarase tamén toda a información práctica e organizativa.

Para calquera dúbida, pódese contactar con Anacos Educativos no email info@anacoseducativos.com ou no teléfono 694 216 484.

Multimedia