- Tematica
-Persoas que obtiveron praza: desde a Escola poñeranse en contacto con cada unha, seguindo a orde do sorteo, para que no prazo mais breve posible, confirmen horarios entre os dispoñibles.
-Persoas en reserva: Se durante o curso 2026-2027 queda libre algunha praza, desde a Escola avisarán tendo en conta a orde do sorteo.
Para máis información, pódese contactar coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono 981 535 940, en horario de 9:00 a 14.00 horas. Está previsto que as clases na Escola Municipal de Música de Ames comecen o 14 de setembro. Estas impártense no edificio multiusos de Aldea Nova e seguen o calendario escolar, polo que non haberá actividade nas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.




