Avisos
Venres, 10 abril, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 10 abril, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 9 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na segunda etapa da ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 18 de abril. Nesta andaina vaise a percorrer o tramo que discorre entre Esteiro e Serra de Outes. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
Xoves, 9 abril, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a Aula AMTIC, organiza para os meses de abril e maio dúas actividades dirixidas aos nenos e nenas, co obxectivo de formar á rapazada en cuestións de índole informática e dixital. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Xoves, 9 abril, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 11 de abril, ás 13.00 horas, organízase un sorteo de cesta de alimentos.
Xoves, 9 abril, 2026
O programa Apego continúa coa súa programación de actividades do primeiro semestre de 2026. Nesta ocasión, organízase para este venres, 10 de abril, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o obradoiro “Arrolar e bailar”, impartido pola Fundación Legar. O prazo de inscrición está aberto ata este xoves 9 de abril. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Mércores, 8 abril, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas municipais, informa sobre a cancelación da presentación do libro de literatura infantil “El Corazón sensible” de Yolanda Penas Varela. Deste xeito, quedan canceladas as presentacións previstas para este mércores, 8 de abril, ás 18.00 horas, na biblioteca do Milladoiro, e para o mércores, 29 de abril, ás 18.00 horas, na biblioteca de Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse dentro da programación “Abril, mes do libro en Ames”.
Mércores, 8 abril, 2026
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 5 de marzo as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2026. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas populares, estará aberto ata o 10 de abril.
Mércores, 1 abril, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 1 abril, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 15 de 176
- seguinte ›




