Pestanas principais

Aberto ata o 15 de xuño o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais para o curso 2026-2027

Martes, 9 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que está aberto o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2026-2027. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 15 de xuño.

A Concellaría de Educación informa da apertura, do 1 ao 15 de xuño, do prazo de matrícula para o curso 2026-2027 nas escolas infantís de titularidade municipal. As listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda podén consultarse premendo nesta ligazón.

A matrícula poderá facerse de xeito presencial nas escolas infantís ou a través da Sede electrónica do Concello. A documentación poderá descargarse preferentemente na páxina web de Conciliames, ou recollerse nas dependencias de cada unha das escolas en horario de 9:00 a 14:00horas.

A EIM O Bosque está situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; mentres que a EIM A Madalena está situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. Para máis información, tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena), ou utilizar os enderezos electrónicos eibertamirans@concellodeames.gal e eiamadalena@concellodeames.gal.