Actualidade

Ex., 21-06-2025
Ex., 21-06-2025
Xoves, 26 de outubro de 2017

[26-10-2017] O curso preparatorio para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para maiores de 18 anos, volve un ano máis á Escola Municipal de Adultos . Para inscribirse ou obter máis información, as persoas interesadas poderán pasar polas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 981 891 476. As aulas, que son impartidas por unha técnica municipal deste departamento, comezarán o vindeiro 6 de novembro e desenvolveranse os luns e os martes, en horario de 9:30h a 13:00 horas. A matrícula do curso, que é gratuíto, está aberta todo o ano, porén recoméndase seguir as aulas desde o seu inicio.

Xoves, 26 de outubro de 2017

[26-10-2017] O Concello de Ames vén de asinar un contrato coa empresa Os Ventos, para a xestión e impartición de actividades formativas na Aula Cemit, após o proceso de licitación aberto desde o Concello. Cunha vixencia de dous anos, o novo contrato procura ofrecer, á poboación amesá, un amplo programa de cursos, formacións e xornadas, que fagan da Aula Cemit un punto de encontro e innovación en Ames. Ao longo do ano, realizaranse, entre outros, cursos de manexo de LibreOffice Writer e Impress, de ferramentas ofimáticas de Google, de dispositivos de control parental e de mecanografía.

Xoves, 26 de outubro de 2017

[26-10-2017] A comisión permanente do Consello Escolar Municipal de Ames vén de reunirse co obxectivo de planificar o calendario de reunións do Pleno do Consello e preparar a orde do día que se abordará na vindeira reunión do 9 de novembro que se celebrará no instituto do Milladoiro. No pasado mes de maio quedou conformado o Pleno do Consello Escolar municipal, que é o órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal de Ames.

Xoves, 26 de outubro de 2017

[26-10-2017] O curso preparatorio para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para maiores de 18 anos, volve un ano máis á Escola Municipal de Adultos . Para inscribirse ou obter máis información, as persoas interesadas poderán pasar polas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 981 891 476. As aulas, que son impartidas por unha técnica municipal deste departamento, comezarán o vindeiro 6 de novembro e desenvolveranse os luns e os martes, en horario de 9:30h a 13:00 horas. A matrícula do curso, que é gratuíto, está aberta todo o ano, porén recoméndase seguir as aulas desde o seu inicio.

Mércores, 25 de outubro de 2017

[25-10-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, abre un novo prazo de matrícula para o programa de psicomotricidade. O prazo permanecerá aberto entre o 23 e o 31 de outubro, ambos incluídos. As familias interesadas poderán inscribir as súas crianzas ou obter máis información, chamando ao número de teléfono 981 891 476 ou enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal. A actividade, que está dirixida a crianzas entre os 3 e os 5 anos, desenvólvese nos CEIPs da Maía e Agro do Muíño e na EEI do Milladoiro.

Mércores, 25 de outubro de 2017

[25-10-2017] O xoves, 26 de outubro, ás 18:00 horas, o local de JUPEMI no Milladoiro volverá acoller unha nova charla do ciclo Falemos de Saúde, nesta ocasión centrada na prevención do cancro. Nela, trataranse de desmitificar ideas preconcibidas sobre esta enfermidade, potenciando, asemade, unha actitude positiva por parte das e dos pacientes e das súas familias. As encargadas desta sesión serán Lucía Álvarez – Santullano e Aroa Gutiérrez, ambas psicólogas da Asociación Española contra o Cancro (AECC). A charla fai parte das iniciativas organizadas polo Concello de Ames co gallo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, conmemorado o pasado 19 de outubro.

Mércores, 25 de outubro de 2017

[25-10-2017] O departamento de Persoal achega a listaxe definitiva de admitidas/os no proceso selectivo para a selección e contratación dunha/dun responsable da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. A baremación terá lugar o vindeiro 27 de outubro. O primeiro exame da fase de oposición será o 30 de outubro.

Mércores, 25 de outubro de 2017

[25-10-2017] A Oficina de Voluntariado de Ames e a asociación de veciños Vivo en Ames, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social, xa están á procura de trasnos -persoas voluntarias que queiran achegar un agasallo de Reis a unha nena ou neno cuxa familia estea a atravesar por un momento de dificultades económicas-. Para rexistrarse como trasno é preciso chamar ao número de teléfono 662 37 70 44 (Oficina de Voluntariado de Ames) ou ao 687 05 46 35 (da Asociación Vivo en Ames), enviar un correo electrónico ao enderezo zocosetrasnos@gmail.com ou unha mensaxe privada á conta de Facebook do voluntariado ou da propia asociación. O rexistro tamén se pode facer presencialmente na Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns. As persoas participantes na primeira edición, recibirán información por correo electrónico para seguir contando coa súa axuda. Os agasallos non poderán ser de carácter sexista nin bélico.

Mércores, 25 de outubro de 2017

[25-10-2017] O alcalde de Ames, José Miñones, asinou con Pablo Álvarez Fernández, representante da cooperativa galega “Nosa Enerxía”, 11 novos contratos para subministrar enerxía eléctrica de orixe renovable a varias instalacións municipais. No acto de sinatura tamén participaron a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, e mailo concelleiro de Medio Ambiente, Javier García. Previamente, en maio de 2016 xa se asinou un contrato con esta mesma cooperativa para subministrar enerxía ás instalación da Aula da Natureza. Deste xeito, pásase a dispor de 12 contratos con Nosa Enerxía. Ames é o segundo concello de Galicia que comezou a traballar con esta entidade.

Mércores, 25 de outubro de 2017

[25-10-2017] O departamento de Persoal achega a lista provisional de admitidas/os no proceso selectivo para a selección e contratación de dous peóns para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal. Dáse un prazo de tres (3) días hábiles, que remata o vindeiro día 30 de outubro de 2017, os/as interesados/as poidan proceder á subsanación das súas solicitudes e/ou a presentación das reclamacións que estimen convenientes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.