Pestanas principais

Reúnese a comisión permanente do Consello Escolar Municipal de Ames

Xoves, 26 de outubro de 2017

[26-10-2017] A comisión permanente do Consello Escolar Municipal de Ames vén de reunirse co obxectivo de planificar o calendario de reunións do Pleno do Consello e preparar a orde do día que se abordará na vindeira reunión do 9 de novembro que se celebrará no instituto do Milladoiro. No pasado mes de maio quedou conformado o Pleno do Consello Escolar municipal, que é o órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal de Ames.

Coa aprobación definitiva do Regulamento do Consello Escolar Municipal de Ames, en xullo de 2016, facilitouse a convocatoria do primeiro pleno de constitución do Consello Escolar Municipal de Ames, celebrado no IES do Milladoiro no pasado mes de maio. Na primeira convocatoria quedou conformado o Pleno que é o órgano de consulta e participación dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal de Ames. Nesa primeira xuntanza acordouse iniciar as xestións necesarias para solicitar a construción dun novo colexio de infantil e primaria no Milladoiro.

No artigo 11 do regulamento do Consello recóllense as funcións da comisión permanente do Consello Escolar Municipal de Ames. Deste xeito, dita comisión permanente vén de reunirse para planificar o calendario de reunións do Pleno do Consello e preparar a orde do día que se abordará na vindeira reunión do 9 de novembro que se celebrará no instituto do Milladoiro.

A comisión permanente está composta polo presidente do Consello, que é o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil; o secretario do Consello, que é un funcionario do Concello de Ames, Domingo Alborés; e por tres vogais que son representante do profesorado (Víctor Santidrián - director IES Milladoiro), representante das ANPAS (Beatriz López - ANPA Barouta), e un representante do alumnado (Thiago Augusto Canedo - alumno do IES de Ames).

Nesta xuntanza planificouse o calendario de reunións do Pleno do Consello e preparouse a orde do día. Estableceuse o día 9 de novembro no IES do Milladoiro como data de celebración do Pleno do Consello Escolar Municipal, en cumprimento do acordo de establecer un pleno do Consello nos primeiros meses do curso escolar. O Consello Escolar Municipal agrupa a todos os sectores da comunidade educativa, que inclúe ao Concello de Ames, o profesorado dos centros escolares públicos e concertados, ANPAS, alumnado, direccións dos centros escolares públicos e concertados e a Xunta de Galicia.

Na Comisión Permanente decidiuse incorporar como asuntos a debater a aprobación da acta do pleno de constitución; a modificación da ordenanza fiscal reguladora de prezos públicos dos servizos complementarios de educación e conciliación, para integrar as bonificacións nas cotas dos prezos públicos dos servizos, actualizar o cálculo da renda familiar e axilizar o trámite do cobro das cotas; dar conta dos escritos remitidos á Xunta de Galicia polo Consello e dos acordos da anterior sesión plenaria; e un apartado de rogos e preguntas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "El Consello Escolar modificará precios por concilia y servicios"
Lindeiros: "Reúnese a comisión permanente do Consello Escolar Municipal de Ames"