Actualidade
[18-06-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o decreto coa lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de urbanismo. O prazo de subsanación de documentación remata o vindeiro 25 de xuño de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito decreto.
[18-06-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa resolución das alegacións presentadas ao segundo exame da fase de oposición e a convocatoria do exame de galego do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de cociña do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.
[16-06-2018] Esta fin de semana comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo. Antes da apertura o goberno municipal realizou obras de mellora nestas instalacións.
[16-06-2018] A segunda edición da Andaina-Carreira da Familia celebrarase o sábado, 23 de xuño, a partir das 11:00 horas, no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro. O evento solidario, que está organizado polo Concello de Ames a través da Concellaría de Deportes, destinará o diñeiro recadado mediante as inscricións á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Esta iniciativa tamén está promovida polo club de atletismo MillaRaio e pola Federación Galega de Atletismo. As persoas interesadas en participar nesta andaina-carreira poden inscribirse, ata o vindeiro xoves, 21 de xuño, ás 23.59 horas, a través da páxina web www.carreirasgalegas.com
[15-06-2018] O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 17 de xuño, a proba de supercross “Gran Premio de Supercross Concello de Ames 2018”, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participarán 50 pilotos de supercross de toda Galicia, na primeira proba que se celebra este ano en Ames. Pola mañá desenvolveranse as verificacións técnicas e administrativas e os adestramentos libres e, a partir das 16:00 horas, dará o comezo da proba.
[15-06-2018] Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron a parcela onde comezaron as obras de construción do novo centro de saúde do Milladoiro. Neste visita tamén participaron varios concelleiros e concelleiras do goberno municipal e do grupo municipal do Partido Popular. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Ramírez S.L.U. por un importe de 2.371.847 euros (IVE incluído). O prazo previsto para a execución das devanditas obras é de 17 meses, polo que se agarda que a finais de 2019 o novo centro de saúde estea rematado.
[15-06-2018] Por terceiro ano consecutivo, os rapaces e rapazas que son usuarios/as da Rede Municipal de Comedores Escolares elixiron o churrasco con patacas fritas e o xeado de xeo como menú de fin de curso. O departamento de Educación do Concello de Ames dálles a posibilidade a todos os nenos e nenas que comen na rede de comedores de que elixan o menú de fin de curso, unha comida que este ano se celebrará o 20 de xuño. Estes peculiares comicios leváronse a cabo nos comedores do CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta e na EEI do Milladoiro.
[15-06-2018] Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino.
[14-06-2018] A Casa da Cultura do Milladoiro acolle mañá, venres 15 de xuño, ás 20.30 horas, a representación da obra “A mansión de José Cruz”, escrita e dirixida por Lucas Herrador e protagonizada polr un grupo aproximado de 20 persoas que forman parte do grupo de teatro Down Compostela. A entrada será de balde ata completar aforo. Será unha obra terrorífica, moi divertida e que nos fará pensar. Esta é a décima obra que representa o grupo de teatro de Down Compostela.
[14-06-2018] Este sábado, 16 de xuño, a partir das 17:00 horas, o Pazo da Peregrina volverá acoller unha nova edición do Encontro Intercultural. Esta actividade, que está aberta a toda a veciñanza, incluirá, seguindo esta orde: unha degustación de pratos tradicionais elaborados por familias migrantes afincadas en Ames; a actuación do grupo Ascuas; a realización de diferentes obradoiros dirixidos a crianzas e maiores; e a inauguración, cunha visita guiada da man do propio autor, Felipe Carnotto, da exposición fotográfica “No colo da esperanza”. A iniciativa, que está comprendida na Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020), está confinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE Galicia.
- ‹ anterior
- 652 de 1381
- seguinte ›