Actualidade
[22-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que queda aprazada para o 22 de setembro de 2018 a segunda edición da Andaina-Carreira da Familia, prevista para este sábado, 23 de xuño, a partir das 11:00 horas, no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro.
[22-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que queda aprazada para o 22 de setembro de 2018 a segunda edición da Andaina-Carreira da Familia, prevista para este sábado, 23 de xuño, a partir das 11:00 horas, no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro.
[22-06-2018] Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. Este ano concedéronse un total de 203 permisos para realizar cacharelas na noite do 23 de xuño. Está previsto que haxa 179 cacharelas na zona rural e 24 nas áreas urbanas (Bertamiráns, O Milladoiro, zonas públicas e urbanizacións). A ANPA de Ventin, en colaboración co Concello de Ames e da cafetería da Casa da Cultura, organizan unha cacharela e sardiñada, no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, que comezará a partir das 21.00 horas.
[22-06-2018] O FC Meigas e a EFS Trasgos, en colaboración co Concello de Ames, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, organizan un Campus de verán de fútbol sala, que se desenvolverá durante a primeira quincena do próximo mes de xullo na área deportiva de Bertamiráns. Dirixido a nenas e nenos nados entre o 2002 e o 2013, o campus contará con servizo de gardería, entre as 9:00h e as 10:00 e ata as 14:30 horas. Para participar é preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20 ou enviando un correo electrónico a fcmeigas@gmail.com. Hai 50 prazas dispoñibles.
[22-06-2018] O Concello de Ames informa de que os locais hostaleiros situados no concello de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora durante as festas de San Xoán (22, 23 e 24 de xuño), festas do Apóstolo (24 e 25 de xullo) e a semana das festas da Peregrina (8, 9, 10, 11 e 12 de agosto). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a resolución completa.
[21-06-2018] Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús dos almorzos e do xantar que se servirán no Xuño Lúdico. Este servizo desenvolverase ao longo dos días 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, en horario de 07:30h a 16:00 horas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. Os menús están elaborados pola nutricionista municipal.
[21-06-2018] Este mércores, 20 de xuño, conmemorouse o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, unha data instaurada desde 2001 a partir dunha Resolución da Asemblea Xeral de Nacións Unidas. O Concello de Ames sumouse a dita conmemoración asistindo a un acto reivindicativo que se realizou na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. En dito acto participaron representantes dos concellos de Santiago, promotor do evento, e de Teo, así como das entidades sociais que traballan coas persoas refuxiadas.
[21-06-2018] Acaba de rematar unha nova edición do programa de reforzo educativo, que xestiona a Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información xuvenil (OMIX). Esta iniciativa, que estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO, desenvólvese os mércores no IES do Milladoiro e os xoves no IES de Ames, en horario de 16:30 a 18:30 horas. Durante dúas horas á semana impartíronse clases de reforzo nas áreas de ciencias e letras. En total, de xaneiro a xuño ocupáronse 50 prazas nos dous institutos do concello.
[21-06-2018] O Concello de Ames vén de facer pública a programación cultural para o verán deste 2018, que inclúe unha Foliada con Apego; a representación do musical Peter!... Voamos!; un concerto do grupo Treixadura; o espectáculo Cigani, de Pista catro produtora de soños; a actuación de A Banda da Loba nas Noites en Vela; a oitava edición do festival Millarock; o espectáculo A casa do terror, de Xoán Curiel; o espectáculo O Xogueteiro, da Cé Orquestra Pantasma; o espectáculo Avós, de Trinketrinke Teatro; o espectáculo de As aventuras de Gale, da man de A Xanela do Maxín; e mailos obradoiros de lingua e cultura En galego, co teu acento!.
[20-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que está aberto o prazo para matricularse no programa de psicomotricidade e nos servizos complementarios municipais de educación para o curso 2018-2019. Os pais/nais do alumnado admitido terá que formalizar a matrícula dos seus fillos/as nas Oficinas Xerais do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A matrícula nos servizos complementarios de educación tamén se pode facer a través da páxina web www.conciliames.org, aínda que despois hai que presentala por rexistro. As listas de usuarios/as renovados/as e de solicitudes admitidas pódense consultar na sección de Avisos da web municipal.
- ‹ anterior
- 649 de 1381
- seguinte ›