Actualidade
[25-06-2018] A vindeira Foliada con Apego será este xoves, 28 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 18:00 horas. A actividade, dirixida tanto a familias con crianzas como a calquera persoa á que lle guste a música tradicional, busca construír unha espazo de socialización en galego onde poder compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. Para participar é preciso inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o número de participantes, os seus nome e apelidos, as idades e un teléfono de contacto. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo mércores, 27 de xuño.
[25-06-2018] O campo de fútbol de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado sábado ao mediodía o acto de entrega de trofeos e medallas das categorías masculinas do I Torneo Internacional de Fútbol Base Copa Camiños de Compostela, que organizou a Asociación Fútbol Base Santiago e Comarca (AFBSC) coa colaboración da Federación Galega de Fútbol e os concellos de Santiago, Ames, Teo, Rois, Vedra e A Baña.
[25-06-2018] Este pasado venres, 22 de xuño, celebráronse as comisións informativas previas ao pleno ordinario deste xoves 28 de xuño. En primeiro lugar, tratouse a aprobación dunha ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais, a sexta modificación da Relación de Postos de Traballo, a aprobación das bases para a elección de xuíz/a de paz substituto do Concello de Ames, e a solicitude dunha traballadora municipal da correspondente autorización de compatibilidade para o exercicio de actividade privada como arquitecta en horario de tarde. Ademais, abordáronse sete propostas presentadas por parte dos grupos municipais de Pacto por Ames, Ames Novo, PSdeG-PSOE e polo goberno municipal.
[25-06-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de cociña do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.
[25-06-2018] O Concello de Ames conmemora o Día Mundial do Refuxiado, que se celebra cada 20 de xuño, coa exposición da mostra "No colo da esperanza", que pode visitarse no Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, ata o venres 29 de xuño. Dita mostra foi inaugurada o sábado, 16 de xuño, durante a celebración do Encontro Intercultural cunha visita guiada da man do propio autor, Felipe Carnotto.
[23-06-2018] As cifras de entregas rexistradas no centro de depósito de residuos do Punto Limpo, localizado no polígono do Milladoiro, volven amosar o compromiso da veciñanza amesá co medio ambiente. No mes de maio, producíronse 461 entradas de materiais diferentes aos que se depositan nos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Este servizo municipal está xestionado pola empresa Urbaser.
[23-06-2018] Estas dúas últimas semanas realizáronse novas xuntanzas das comisións de Orzamentos Participativos 2018 para a mocidade e para o rural, onde se informou e se analizaron as preto de 500 propostas presentadas. En ditas xuntanzas elaboráronse as listaxes de propostas que terá que votar a veciñanza de Ames para incluír nos Orzamentos Participativos 2018. Para o rural haberá que elixir entre 112 propostas, mentres que a mocidade terá que votar entre 46 propostas. As asembleas de votación serán do 25 de xuño ao 5 de xullo nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais das parroquias do rural. Todas as parroquias presentaron propostas e todas as parroquias están representadas na comisións do rural e participan deste proceso.
[22-06-2018] Estas dúas últimas semanas realizáronse novas xuntanzas das comisións de Orzamentos Participativos 2018 para a mocidade e para o rural, onde se informou e se analizaron as preto de 500 propostas presentadas. En ditas xuntanzas elaboráronse as listaxes de propostas que terá que votar a veciñanza de Ames para incluír nos Orzamentos Participativos 2018. Para o rural haberá que elixir entre 112 propostas, mentres que a mocidade terá que votar entre 46 propostas. As asembleas de votación serán do 25 de xuño ao 5 de xullo nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais das parroquias do rural. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listaxes.
[22-06-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da proba de lingua galega do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de cociña do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.
[22-06-2018] Este xoves, 21 de xuño, a veciñanza do Milladoiro botouse a rúa para participar na manifestación convocada pola Plataforma veciñal N550 co obxectivo de reivindicar a humanización da avenida Rosalía de Castro como punto peonil e de esparexemento para a veciñanza. A marcha saíu dende a rúa de Castelao ás 20:00 horas. Os/as manifestantes baixaron pola avenida de Rosalía de Castro ata a rotonda que está na entrada do Milladoiro e volveron subir pola avenida de Rosalía de Castro ata a rúa da Madalena onde rematou. Os manifestantes foron andando por un dos carrís da avenida de de Rosalía de Castro ralentizando a marcha do tráfico. Para dar a volta a rotonda ocuparon os dous carrís de circulación. O próximo martes, 26 de xuño, ás 17.00 horas na Delegación Territorial da Coruña, varios representantes da Corporación municipal manterán unha xuntanza co delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro.
- ‹ anterior
- 648 de 1381
- seguinte ›