Actualidade

Ex., 25-06-2025
Ex., 25-06-2025
Xoves, 27 de decembro de 2018

[27-12-2018] A Asociación de Empresarios de Bertamiráns (AEB) organiza a súa I Feira Artesanal, que conta coa colaboración do Concello de Ames na colocación das carpas nas que terá lugar. A iniciativa realizarase do 28 de decembro ao 2 de xaneiro na praza do Concello de Bertamiráns, e contará coa participación de catorce artesás especializados en diversas modalidades que mostrarán o seu traballo aos asistentes.

Mércores, 26 de decembro de 2018

[26-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público as resolucións polas que se aproba a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de frauta e unha bolsa de traballo de mestres/as de saxofón. Ambas as dúas para a Escola Municipal de Música de Ames. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter ditas resolucións.

Mércores, 26 de decembro de 2018

[26-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coas puntuacións do exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de administrativos do Concello de Ames. Premendo nos enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita resolución.

Mércores, 26 de decembro de 2018

[26-12-2018] Este xoves, 27 de decembro, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de decembro no que a Corporación municipal debaterá a posta a disposición da Xunta de Galicia do terreo necesario para ampliar o CEIP Agro do Muíño con 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña máis. Tamén se tratará a aprobación inicial do regulamento da Escola municipal de música de Ames; a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola actividade administrativa do cemiterio municipal; a primeira modificación da ordenanza reguladora do prezo público polos servizos funerarios do cemiterio municipal; e unha proposta do PSdeG sobre a política do Goberno galego en relación do financiamento das Entidades locais. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a convocatoria coa orde do día do pleno ordinario de decembro.

Mércores, 26 de decembro de 2018

[26-12-2018] Por razóns alleas á organización comunícase a modificación do horario para espectáculo O Mundo Máxico de Pinocho, polo que comezará hoxe ás 17.30h na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Mércores, 26 de decembro de 2018

[26-12-2018] A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este venres, 21 de decembro, a gala de entrega dos premios da oitava edición do concurso de teatro lido de Ames, Desata a Lingua!. As concelleiras de Mocidade, Silvia Dapena, e de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, foron as encargadas de entregar os premios aos gañadores durante a gala, conducida por Isabel Martínez-Risco e María Ángeles Bañobre. Os grupos Lalaland, Ísjaka e MAC alzáronse como os gañadores desta edición.

Mércores, 26 de decembro de 2018

[26-12-2018] A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle os días 27 e 28 de decembro unha exposición na que se poderán admirar diversas pezas elaboradas pola mestra e as alumnas que participan no obradoiro de ganchillo organizado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Durante a exhibición, que estará aberta ao público este xoves e venres de 10.30 a 13.00 en horario de maña e de 17.00 a 20.00h pola tarde, tamén se realizarán demostracións de ganchillo.

Sábado, 22 de decembro de 2018

[22-12-2018] A Concellaría de Promoción Económica e a organización Acción contra a Fame desenvolveron unha nova edición do programa Vives Emprende, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. Un total de 66 persoas (43 mulleres e 23 homes), 42 de Ames, recibiron o apoio de Vives Emprende durante o exercicio 2018. Ademais, houbo un total de 13 negocios creados, dos cales 7 son de persoas residente en Ames. As asesorías individuais continúan realizándose por parte do persoal de Acción contra a Fame.

Sábado, 22 de decembro de 2018

[22-12-2018] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o inicio do expediente de contratación, por procedemento aberto simplificado, da obra de instalación e cubrición da área de xogos, ordenación e implantación de elementos no parque infantil da praza de Chavián, en Bertamiráns. Este proxecto, que será sufragado cos fondos que achega a Deputación da Coruña a través do POS 2018, ten un orzamento de licitación que ascende a 189.775,83 euros, IVE incluído. Tamén está en fase de licitación o proxecto de cubrición do parque infantil de Agro da Vella, no Milladoiro.

Venres, 21 de decembro de 2018

[21-12-2018] Ames Radio fai pública a súa programación da semana do 24 ao 28 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a programación completa.