Actualidade
[02-01-2019] O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ata o vindeiro 10 de xaneiro. O custo desta actividade, que conta con 12 prazas dispoñibles, é de 85 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo da campaña no que está incluído o impreso de inscrición.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, reuníronse coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para abordar a posible ampliación da EDAR de Sisalde. Augas de Galicia comprometeuse a colaborar para tratar de acadar a implicación do Ministerio para a Transición Ecolóxica na ampliación da depuradora que solucione este problema de competencia municipal. Tamén se abordou a posible ampliación do servizo de abastecemento da ETAP de Lens, co obxectivo de executar a canalización necesaria para levar auga potable ata O Milladoiro e o seu entorno; e do proxecto conxunto de saneamento para as parroquias amesás de Piñeiro e Tapia, así como para a parroquia de Troitosende do concello de A Baña.
[29-12-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, vén de recibir o informe definitivo sobre o "Perfil socioeconómico e laboral das familias usuarias dos comedores escolares municipais de Ames" elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela a raíz do progresivo incremento das solicitudes na Rede Municipal de Comedores Escolares, especialmente acentuado neste curso 2018/2019, onde se rexistraron 1.018 renovacións para un total de 1.254 prazas dispoñibles. Neste curso accederon ao servizo por primeira vez máis de 200 novos usuarios/as. Dende o ano 2015 o Concello de Ames incrementou máis de 250 prazas de comedores escolares municipais.
[28-12-2018] O Concello de Ames informa de que a empresa Espina & Delfín vén de emitir un aviso no que se comunica que os días 31 de decembro e 4 de xaneiro estarán pechadas as oficinas que ten esta entidade nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódese chamar ao número de teléfono de atención permanente 673 830 393.
[28-12-2018] O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ata o vindeiro 10 de xaneiro. O custo desta actividade, que conta con 12 prazas dispoñibles, é de 85 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo da campaña no que está incluído o impreso de inscrición.
[28-12-2018] Este xoves, 27 de decembro, o alcalde de Ames, José Miñones, acompañado de varios concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e da Corporación municipal recibiron no salón de plenos da Casa da Concello aos deportistas Nadia Iglesias, Gabriel Martínez, Daniel Cariñena e Samuel Míguez. Durante o acto, fíxoselles entrega de varios agasallos en nome do concello para conmemorar os múltiples logros deportivos que todos eles conseguiron acadar neste 2018.
[28-12-2018] Este xoves, 27 de decembro, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de decembro no que a Corporación municipal aprobou, por unanimidade, a posta a disposición da Xunta de Galicia do terreo necesario para ampliar o CEIP Agro do Muíño con 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña máis. Tamén se aprobaron o regulamento da Escola municipal de música de Ames; a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola actividade administrativa do cemiterio municipal; a primeira modificación da ordenanza reguladora do prezo público polos servizos funerarios do cemiterio municipal; e unha proposta do PSdeG sobre a política do Goberno galego en relación do financiamento das Entidades locais.
[27-12-2018] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o reparto de axudas para as familias numerosas do concello de Ames. Así, repartíronse 80.400 euros entre 67 familias (33 aprobadas pola UTS de Bertamiráns e 34 aprobadas pola UTS do Milladoiro). As axudas consisten nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia A estas axudas puideron optar as familias numerosas que teñen a súa residencia habitual no Concello de Ames, de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano.
[27-12-2018] Este luns, 24 de decembro, comezou unha nova edición do programa Nadal Lúdico, co que o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar ofrecendo actividades matinais ás crianzas do segundo ciclo de infantil e de educación primaria, que nesta edición están destinadas a reforzar as habilidades de pensamento e linguaxe dos cativos e cativas como cidadáns. O programa, no que están inscritos 138 nenos e nenas, conta con servizo de Bos días e comedor.
[27-12-2018] A Asociación de Empresarios de Bertamiráns (AEB) organiza a súa I Feira Artesanal, que conta coa colaboración do Concello de Ames na colocación das carpas nas que terá lugar. A iniciativa realizarase do 28 de decembro ao 2 de xaneiro na praza do Concello de Bertamiráns, e contará coa participación de catorce artesás especializados en diversas modalidades que mostrarán o seu traballo aos asistentes.
- ‹ anterior
- 590 de 1382
- seguinte ›