Pestanas principais

Un 80% dos usuarios/as da Rede Municipal de Comedores Escolares reside nos dous núcleos urbanos do concello de Ames

Sábado, 29 de decembro de 2018

[29-12-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, vén de recibir o informe definitivo sobre o "Perfil socioeconómico e laboral das familias usuarias dos comedores escolares municipais de Ames" elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela a raíz do progresivo incremento das solicitudes na Rede Municipal de Comedores Escolares, especialmente acentuado neste curso 2018/2019, onde se rexistraron 1.018 renovacións para un total de 1.254 prazas dispoñibles. Neste curso accederon ao servizo por primeira vez máis de 200 novos usuarios/as. Dende o ano 2015 o Concello de Ames incrementou máis de 250 prazas de comedores escolares municipais.


O 90% dos usuarios/as utilizan o servizo 5 días á semana
Por centros escolares máis do 90% dos usuarios/as utilizan o servizo de comedores cinco días á semana. A súa residencia sitúase nunha área de influencia próxima, que varía de forma importante entre os núcleos urbanos e as zonas rurais. Como exemplo, na EEI do Milladoiro a práctica totalidade dos usuarios/as residen a menos de 1 quilómetro do centro escolar, mentres que no CEIP de Barouta a maior parte dos usuarios residen a máis de 2 ou incluso 3 quilómetros de distancia. Esta realidade obsérvase claramente nos mapas das de distribución dos usuarios/as en relación á distancia centro - residencia.

Finalmente, e como xa se adiantara nunha separata anterior, o estudo recolle o resultado da enquisa realizada nos comedores escolares ao final do anterior curso escolar no que participaron unhas 545 familias. Máis da metade das familias enquisadas (o 55%) teñen dous fillos/as e maioritariamente remata a súa xornada de traballo entre as 14:00h e as 16:00h o que confirma de forma obxectiva as dificultades para conciliar a vida laboral e familiar en función do horario escolar. De feito, un 96% das familias consideran necesario o servizo de comedor para conciliar vida laboral e familiar.

A valoración do servizo por parte dos usuarios/as é moi positiva. A valoración media do servizo sitúase nun 4,53 sobre 5 puntos. O 92% das familias enquisadas manifestan estar moi satisfeitas co actual servizo municipal de comedores escolares.

O informe e a cartografía asociada está dispoñible na ligazón ao Observatorio Municipal de Educación, onde tamén figuran outros estudos elaborados dende o ano 2015 no ámbito demográfico, sociolingüístico ou consultivo sobre as escolas unitarias.

O contido afonda na caracterización espacial socioeconómica dos/as usuarios/as e familias da Rede de Comedores por cada centro escolar, que inclúe información detallada sobre a evolución demográfica e as migracións, niveis de renda e estrutura dos fogares, lugar de residencia e unha enquisa de valoración do servizo de comedores escolares municipais por parte dos usuarios/as entre outros aspectos.

Entre as principais achegas do informe destácase que un 80% dos usuarios/as da Rede Municipal de Comedores Escolares (catro de cada cinco) reside nos núcleos urbanos do concello, isto é en Bertamiráns ou O Milladoiro. No rural habitan un 12% dos/as usuarios/as, un 6% nas principais urbanizacións e un 2% noutro concello limítrofe con Ames.

Un de cada tres usuarios/as dos comedores escolares (o 32,86%) sitúase no tramo de rendas inferiores ao 75% do IPREM. As rendas superiores ao 200% do IPREM representan o 13,08% dos usuarios/as. Existe unha diferenciación territorial importante na situación económica das familias entre ambos núcleos urbanos e o rural. Nas urbanizacións Agro do Muíño e Aldea Nova rexístranse os maiores niveis de renda familiar.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Una de cada tres familias que utilizan los comedores de Ames tienen bonificaciones sociales"