Actualidade
[04-01-2019] Os campos municipais de Bertamiráns e do Milladoiro acolleron o mércores e o xoves desta primeira semana de xaneiro a celebración do II Torneo de Nadal de Fútbol Concello de Ames. Os gañadores do campionato resultaron o equipo B do Bertamiráns FC na categoría infantil, o equipo A do BFC en alevín, a ED Xuventude Oroso en prebenxamín e o equipo D do BFC na categoría benxamín. A entrega de trofeos recaeu nas concelleiras amesás de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e de Participación, Atención Veciñal e Promoción Económica, Isabel González.
[04-01-2019] Este sábado, 5 de xaneiro, celébrase a noite de Reis, unha das máis esperadas polos cativos e cativas. Por elo, as nenas e nenos amesás daranlle a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha festa moi especial, que se desenvolverá nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Antes da súa chegada, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma estampada no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, percorrerán as rúas do Milladoiro e Bertamiráns ata os pavillóns municipais, ás 17:30 horas e ás 18:30 horas respectivamente. No recibimento aos Reis haberá chocolate con rosca para merendar.
[03-01-2019] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de mellora dos camiños de Santo a Mourigade e de Maguxe a Lapido, nas parroquias de Ortoño e Bugallido. Este proxecto, adxudicado á empresa Martínez Montes e Hijos, S.L. por un importe de 91.476 euros IVE incluído, está incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal “POS+2018” da Deputación da Coruña.
[03-01-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal fai público o anuncio publicado no BOP da convocatoria do proceso selectivo para a creación de bolsas de traballo, unha por especialidade, de mestres/as de cada especialidade da Escola de Música do Concello de Ames (EMMA). O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 17 de xaneiro de 2019. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.
[03-01-2019] Durante o mes de xaneiro a Aula CeMIT de Ames, que está situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, organiza un ciclo de empregabilidade e outro de ofimática dirixido a adultos. Tamén se realizarán diversos cursos enfocados a internet, o smathphone ou mecanografía. Para os e as máis pequenas, realizaranse cursos de informática e mecanografía, así como un ciclo de Libreoffice dirixido a estudantes. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT (https://cemit.xunta.gal/gl/centro/9), achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 662 371 511 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal
[03-01-2019] O alumnado de 2 a 3 anos da escola infantil municipal O Bosque realizou esta mañá unha visita á oficina de Correos de Bertamiráns, onde as nenas e nenos aproveitaron para enviar as súas cartas aos Reis Magos. Ademais, os cativos e cativas puideron coñecer de primeira man as tarefas que os traballadores/as realizan no seu día a día, e que posibilitarán que as súas misivas poidan chegar a tempo para a noite de Reis.
[02-01-2019] O sábado, 5 de xaneiro, as nenas e nenos amesáns celebrarán a chegada dos Reis Magos cunha festa especial, que terá lugar nos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns. Antes, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns, co obxectivo de deixar a súa firma no libro municipal de sinaturas. Desde alí, partirán en cabalgata ata os pavillóns, onde se celebrará unha función de pompas de xabón e dous espectáculos de maxia. No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca.
[02-01-2019] Os alcaldes de Ames, Jose Miñones, e Brión, José Luís García, asinaron un convenio de colaboración para a xestión conxunta da ETAP de Lens que presta servizo a ambos municipios. O obxectivo é regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión de dita ETAP. O convenio foi aprobado previamente polo Pleno do Concello de Ames na sesión ordinaria do mes de setembro.
[02-01-2019] O Concello de Ames organiza, por segundo ano consecutivo, o seu Torneo de Nadal de Fútbol, que se celebra este mércores e xoves, 2 e 3 de xaneiro, nos campos municipais de fútbol do Milladoiro e Bertamiráns. O torneo contará coa participación dun total de 44 equipos, repartidos nas categorías prebenxamín e alevín, que participarán hoxe martes, e benxamín e infantil, que disputarán o torneo mañá xoves. O primeiro e o segundo equipo clasificado en cada categoría recibirá un trofeo colectivo. Asemade, todas as nenas e nenos participantes recibirán un obsequio por parte do Concello de Ames. Poden consultar a programación de cada categoría nas ligazóns que están á dereita nesta nova, baixo o apartado de descargas.
[02-01-2019] O Concello de Ames participa, un ano máis, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro. Dirixida a rapazas e rapaces de 11 a 15 anos, ambos incluídos, a campaña inclúe a realización de cursos de esquí. As mozas e mozos amesáns participarán deste programa entre 25 e o 28 de xaneiro. As inscricións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ata o vindeiro 10 de xaneiro. O custo desta actividade, que conta con 12 prazas dispoñibles, é de 85 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo da campaña no que está incluído o impreso de inscrición.
- ‹ anterior
- 589 de 1382
- seguinte ›