[28-12-2018] Este xoves, 27 de decembro, o alcalde de Ames, José Miñones, acompañado de varios concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e da Corporación municipal recibiron no salón de plenos da Casa da Concello aos deportistas Nadia Iglesias, Gabriel Martínez, Daniel Cariñena e Samuel Míguez. Durante o acto, fíxoselles entrega de varios agasallos en nome do concello para conmemorar os múltiples logros deportivos que todos eles conseguiron acadar neste 2018.
Daniel Cariñena e Samuel Míguez Feijoó
Por último, foron as quendas de Daniel Cariñena e Samuel Míguez Feijoó, aos que se lle fixo entrega dun libro de fotos do Concello e un prato coa “A” de Ames feito pola artesá amesá, Ana Rosa Lista. Pese á súa xuventude, ambos de 13 anos de idade, neste 2018 conseguiron numerosos logros deportivos. Cariñeira, membro do club de atletismo MillaRaio, conseguiu o bronce no campionato de España infantil individual na especialidade de Triatlón D, composto polas probas de 80 metros lisos, lanzamento de peso e lanzamento de disco. Asemade, é campión galego infantil nas categorías de pista cuberta en 60ml e lanzamento de disco, e subcampión en 80ml, categoría na que, ao igual que en lanzamento de disco, é campión provincial infantil. Tamén é membro do equipo infantil que posúe o récord galego de 5x80 e do equipo que quedou sexto no campionato infantil de España por equipos.
Pola súa banda, Samuel Míguez Feijóo, do club de natación Cidade de Santiago, gañou o campionato galego alevín de natación en 100 metros e 200 metros braza e quedou oitavo no campionato de España na categoría 200m braza. Asemade, resultou un dos dous rapaces elixidos para formar parte do Grupo Especial de Seguimento GES, que ten como obxectivo o apoio na formación dos nadadores novos para un futuro desenvolvemento competitivo e a actualización continua dos seus adestradores, aproveitando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para realizar distintas sesións de adestramento.
Neste acto institucional participaron o alcalde de Ames, así como concelleiros e concelleiras da Corporación municipal. O rexedor foi chamando a cada un dos deportistas dando conta dos éxitos acadados por cada un deles para, de seguido, facerlles entrega dunha serie de agasallos en nome do concello. A recepción tivo lugar no Salón de plenos ás 19.30h para, despois de que os catro asinasen no libro de sinaturas do Concello de Ames, baixar á entrada da Casa do Concello onde se realizou unha foto de grupo.
A primeira en ser presentada foi Nadia Iglesias, que recibiu unha caixa con un lapiseiro e un calcapapeis co anagrama do concello. Despois da presentación, a deportista emocionouse ao recordar o esforzo adicado ao patinaxe, deporte que leva uns meses sen practicar, e adicou unhas palabras de ánimo para os que están comezando.
Nadia Iglesias conta cunha longa lista de éxitos acadados nos últimos anos, entre os que se encontra o seu cuarto posto no Mundial júnior de patinaxe artístico celebrado en outubro en Francia, a medalla de prata no campionato europeo disputado en setembro nas Illas Azores, a revalidación do título de campioa de España en xuño deste ano, a medalla de ouro conseguida no campionato de Europa de 2017 ou o terceiro posto no mundial júnior disputado en Nanjing (China) o pasado ano, no que competiu como campioa do campionato europeo.
De seguido, foi a quenda de Gabriel Martínez, que este ano se proclamou campión de España júnior K-1 200 metros, subcampión de España K-2 200 metros, campión galego xuvenil K-1 200 e plata en K-2 100. Asemade, participou coa selección Española no Mundial júnior de Plovdiv (Bulgaria) en K-1 200 e K-4 500 metros, categoría na que quedou noveno.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Agradecimiento a los deportistas del año"
Compostela 24 horas: "Ames recibiu aos deportistas amesás Nadia Iglesias, Gabriel Martínez, Daniel Mato e Samuel Míguez"