Pestanas principais

Ames celebra a segunda edición do Torneo de Nadal de Fútbol

Mércores, 02 de xaneiro de 2019

[02-01-2019] O Concello de Ames organiza, por segundo ano consecutivo, o seu Torneo de Nadal de Fútbol, que se celebra este mércores e xoves, 2 e 3 de xaneiro, nos campos municipais de fútbol do Milladoiro e Bertamiráns. O torneo contará coa participación dun total de 44 equipos, repartidos nas categorías prebenxamín e alevín, que participarán hoxe martes, e benxamín e infantil, que disputarán o torneo mañá xoves. O primeiro e o segundo equipo clasificado en cada categoría recibirá un trofeo colectivo. Asemade, todas as nenas e nenos participantes recibirán un obsequio por parte do Concello de Ames. Poden consultar a programación de cada categoría nas ligazóns que están á dereita nesta nova, baixo o apartado de descargas.


Hoxe comeza a segunda edición do Torneo de Nadal de Fútbol Concello de Ames, que se desenvolverá os días 2 e 3 de xaneiro nos campos municipais de fútbol do Milladoiro e de Bertamiráns. No Torneo participan un total de 44 equipos, formados por participantes de entre 7 e 13 anos. Haberá catro categorías: pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil, que se repartirán entre os dous campos de fútbol. A arbitraxe correrá a cargo do Comité Técnico Galego de Árbitros. O primeiro e o segundo equipo clasificado en cada categoría recibirá un trofeo colectivo. Así mesmo, haberá un obsequio para todas as nenas e nenos participantes.

Competicións das categorías infantil, alevín prebenxamín e benxamín
Esta tarde terán lugar as competicións das categorías prebenxamín, no campo municipal de Bertamiráns, e alevín, no de Bertamiráns. En cada categoría participan 12 equipos, cun máximo de 16 xogadores por equipo, que competirán polo trofeo en partidos cunha duración de 20 minutos na fase de grupos e 25 minutos na fase de mellores. Os partidos de clasificación terán lugar de 16.00 a 20.05 horas, mentres que a final disputarase ás 20.20h. A entrega de trofeos terá lugar ás 20.50h

O día 3, os equipos das categorías benxamín e infantil xogarán no campo municipal de Bertamiráns e Milladoiro respectivamente. Na categoría infantil participarán oito equipos, cun máximo de 20 xogadores por equipo, que competirán entre as 16.00 e as 21.15h, para despois xogar a final, que comezará ás 21.20. En canto aos participantes na categoría benxamín, os partidos comezarán ás 16.00h, mentres que a final terá lugar ás 20.20h. A entrega de trofeos celebrarase ás 20:00 horas.

Co obxectivo de primar a participación por riba da competición, ningún equipo quedará eliminado no primeiro partido, senón que as eliminacións se realizarán en función da puntuación adquirida. Deste xeito, cada partido gañado implicará a obtención de tres puntos e cada empate a de dous.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Último día do Torneo de Nadal de Fútbol de Ames"