Actualidade

Ex., 22-06-2025
Ex., 22-06-2025
Mércores, 16 de xaneiro de 2019

[16-01-2019] O alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos e presidente da Agrupación de voluntarios/as de Protección Civil, Blas García, e representantes da agrupación acudiron esta mañá A Coruña, onde recibiron un novo vehículo para o corpo operativo de mans do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Ao longo do 2018, o equipo de Protección Civil realizou un total de 1.334 intervencións.

Martes, 15 de xaneiro de 2019

[15-01-2019] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Entroido Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 4, 5 e 6 de marzo, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición deste programa, que se pon en marcha por cuarto ano consecutivo, estará aberto ata o vindeiro 28 de xaneiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, o impreso de inscrición e as tarifas do Entroido Lúdico.

Martes, 15 de xaneiro de 2019

[15-01-2019] Tralo éxito do Espazos para reflexionar realizado o pasado novembro sobre adolescencia e sexualidade, o salón de actos do IES do Milladoiro acolle a partir das 17.30h unha segunda entrega sobre este tema, que tamén será conducida pola pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia, Yolanda Gómez Bombín. O proxecto de Espazos para Reflexionar, que naceu o curso anterior da man da ANPA Milla en colaboración co instituto do Milladoiro, abarca este ano a toda a comunidade educativa da localidade, ao contar coa implicación das ANPAS das escola infantil A Galiña Azul Figueiras – Ames, da escola infantil municipal A Madalena, da EEI Millapeques e da ANPA As Brañas do CEP de Ventín.

Martes, 15 de xaneiro de 2019

[15-01-2019] A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 18 de xaneiro, a representación da obra Da avaricia, a luxuria e a morte ás 21.00h. A composición, baseada no retablo homónimo de Ramón María del Valle-Inclán, é adaptada e levada a escena polo grupo Teatro do Noroeste. As entradas, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica, teñen un custo de 5 euros en tarifa xeral e 2,5 euros na reducida. Asemade, o vestíbulo da Casa da Cultura aloxa do 14 ao 31 de xaneiro a exposición “Teatro do Noroeste: 30 anos actuando”.

Martes, 15 de xaneiro de 2019

[15-01-2019] Coa finalidade de informar ás familias usuarias do cobro regular dos programas de concialición Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas correspondentes ao MES DE DECEMBRO, indícase que o cobro realizarase o próximo día 28 DE XANEIRO DE 2019.

Martes, 15 de xaneiro de 2019

[15-01-2019] Esta mañá a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Isabel González; a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois; e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, do Concello de Santiago de Compostela, participaron nunha visita ao monte Pedra Castro, situado na parroquia de Santa Cristina de Fecha, onde un grupo de 20 alumnos/as-traballadores/as (6 de Ames e 14 de Santiago) están participando no obradoiro de emprego “CreAs”, posto en marcha entre ambos Concellos no pasado mes de novembro. Os/as participantes estanse formando nas especialidades de repoboación forestais e tratamentos silvícolas; e de pavimentos e albanelería de urbanización.

Luns, 14 de xaneiro de 2019

[14-01-2019] A través do decreto de Alcaldía, número 24/2019, de 7 de xaneiro, resolveuse iniciar o expediente administrativo de investigación patrimonial do seguinte ben que se presume de propiedade municipal co fin de determinar a súa titularidade: Rueiro sito en Outeiro, Bugallido, lindante coas parcelas con referencia catastral 1247926NH3414N0001ZT, 1247927NH3414N0001UT, 1247928NH3414N0001HT, 1247929NH3414N0001WT.

Luns, 14 de xaneiro de 2019

[14-01-2019] A través do decreto de Alcaldía, número 26/2019, de 8 de xaneiro, resolveuse iniciar expediente administrativo de investigación patrimonial do seguinte ben que se presume de propiedade municipal co fin de determinar a súa titularidade: Rueiro sito en Buceleiras, Bugallido, lindante coas parcelas con referencia catastral 1039807NH3413N0001YA, 1039809NH3413N0001QA, 1039810NH3413N0001YA, 1039813NH3413N0001PA e 1039815NH3413N0001TA.

Luns, 14 de xaneiro de 2019

[14-01-2019] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Entroido Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 4, 5 e 6 de marzo, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición deste programa, que se pon en marcha por cuarto ano consecutivo, estará aberto ata o vindeiro 28 de xaneiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, o impreso de inscrición e as tarifas do Entroido Lúdico.

Luns, 14 de xaneiro de 2019

[14-01-2019] A Concellaría de Educación e Cultura ten programado para este mes de xaneiro dúas novas sesións de contacontos, que se desenvolverán nas bibliotecas municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Este tipo de actividades de animación á lectura están dirixidas especialmente a nenas e nenos entre os 3 e os 8 anos. A entrada é libre e gratuíta.