Actualidade

Dende mañá mércores 1 de xuño estárá aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2022-2023. Ata o 10 de xuño poderase realizar a solicitude a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, pedindo cita previa na Sede electrónica. Premendo nesta ligazón pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza.

A Escola Municipal de Música de Ames vén de organizar nos últimos dous meses catro talleres musicais de carácter introdutivo, nos que a veciñanza amesá a partir dos 8 anos puido gozar dunha oferta variada de xéneros e disciplinas. Despois de celebrar obradoiros de beatbox, música tradicional e canto moderno, o ciclo remata este sábado 21 de maio cunha introdución á música afrocubana, na que aprender os instrumentos e os ritmos do son, o mambo ou o chachachá. Aínda quedan prazas para o taller, que terá lugar de 11:00 a 13:00 horas cun custe de 10 euros. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición a escolademusica@concellodeames.gal.

Como parte da programación do mes das letras, o venres 20 de maio a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, organiza un encontro coas escolas de música de Negreira e Brión na praza de Chavián, en Bertamiráns, a partir das 19:30 horas. Trátase do primeiro dos dous encontros musicais que se celebran en maio, xa que o sábado 21 terá lugar tamén en Bertamiráns, na Casa da Cultura, un concerto–encontro das agrupacións de música e baile tradicional de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames organizou para os meses de abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. Deste xeito, no pasado mes de abril impartíronse dous obradoiros musicais de beatbox e música tradicional. Agora para o mes de maio hai outros dous obradoiros programados, para os que aínda quedan algunhas prazas libres. O sábado 7 de maio impartirase un obradoiro de canto moderno e o sábado 21 haberá un taller de música afrocubana. Os dous obradoiros realízanse en horario de 11:00 a 13:00 horas e teñen un custe de 10 euros. Para participar cómpre enviar esta ficha de inscrición a escolademusica@concellodeames.gal.

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. Os talleres, pensados para grupos de ata quince participantes, inclúen propostas de beatbox, canto, música afrocubana e música tradicional. Cun custe de 10 euros, desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición a escolademusica@concellodeames.gal, dende hoxe martes 22 ata o xoves 31 de marzo.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vai realizar o seu tradicional festival de Entroido, que terá lugar o próximo venres 25 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O concerto incluirá dous pases, ás 19:00 e ás 20:30 horas, nas que haberá distintas actuacións individuais e grupais. Os convites poden retirarse dende este hoxe na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames celebra do martes 15 ao xoves 24 de febreiro catro audicións previas ao seu festival de Entroido, que terá lugar o día 25. A meirande parte dos alumnos e alumnas de saxofón, percusión, guitarra e canto moderno demostrarán a familiares, amizades e compañeiras o aprendido nas clases, xa que unha parte deles non poderá participar no festival. As audicións terán lugar no corredor de central da EMMA en horario de tarde, a partir das 18:00 horas.

A EMMA ofrece ata trece prazas nas disciplinas de música e movemento, batería e percusión, violín e viola, canto moderno e frauta traveseira, ás que as novas alumnas e alumnos se incorporarán na semana do 10 de xaneiro. As inscricións para estas vacantes están abertas dende este xoves 2 de decembro, ata cubrir prazas. É requisito indispensable estar empadroado no concello de Ames e presentar o formulario de inscrición, a través da sede electrónica do concello ou presencialmente nos rexistros municipais, para os que se pode pedir cita previa.

Durante o último ano, e debido ás restricións marcadas pola Covid-19, o profesorado e alumnado da EMMA está a gravar diferentes vídeos para que a veciñanza amesá poida ver o aprendido durante o curso. Nesta caso gravaron varios vídeos de audicións feitas durante as últimas semanas. En ditas gravacións participaron os grupos de violín, canto e piano. Estas pezas pódense ver nesta lista de reprodución creada na canle de YouTube do Concello de Ames.

Co gallo da celebración das Letras Galegas, o vindeiro luns 17 de maio, os/as alumnos/as de música e movemento da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), xunto coa súa profesora, María del Carmen Giadáns, e varios colaboradores; gravaron un vídeo que xa se pode ver na canle de YouTube do Concello.
- ‹ anterior
- 6 de 8
- seguinte ›




