Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de renovación para o alumnado que xa estivo matriculado neste curso

Martes, 31 de maio de 2022

Dende mañá mércores 1 de xuño estárá aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2022-2023. Ata o 10 de xuño poderase realizar a solicitude a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, pedindo cita previa na Sede electrónica. Premendo nesta ligazón pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) abre do 1 ao 10 de xuño o prazo de renovación de prazas de cara ao vindeiro curso 2022-2023, dirixido ao alumnado que xa estivo matriculado na escola neste curso. As persoas que formalizan a matrícula dun curso para o seguinte teñen unha bonificación do 50% no importe desta. Pola súa banda, o alumnado de novo ingreso poderá inscribirse no mes de setembro.

Desta maneira, todo o alumnado que non estea exento de pagamento de matrícula (véxanse as exencións no Artigo 7 da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música de Ames) recibirán un correo electrónico dos Servizos de Recadación do Concello de Ames coa autoliquidación da taxa correspondente, e terán de prazo para o seu pagamento ata o 10 de xuño.

Para a renovación da praza as persoas interesadas deberán cubrir esta solicitude e entregala na Sede electrónica do Concello de Ames, dirixida á Concellaría de Cultura - Escola Municipal de Música de Ames. A renovación poderase realizar tamén en calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Neste caso, para presentar a documentación de xeito presencial no rexistro municipal hai que solicitar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames.

Para máis información, pódese poñer en contacto coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono 981 535 940, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

As clases na Escola Municipal de Música de Ames rematan o 22 de xuño, mentres que o venres anterior, o 17 de xuño, terá lugar o concerto de fin de curso, no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Xa poden formalizar a matrícula os alumnos que sigan na escola de música"

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de renovación para o alumnado que xa estivo matriculado neste curso

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de renovación para o alumnado que xa estivo matriculado neste curso