Actualidade

Os Concellos de Ames e Brión van a poñer en marcha a oitava edición do obradoiro dual de emprego Renova Verde, no que participarán 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión). Nesta edición impartiranse 9 meses de formación. 10 alumnos/as obterán o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas; e outros 10 disporán do certificado de profesionalidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Ademais, impartirase formación complementaria e de carácter transversal. Esta previsto que dito obradoiro de emprego se imparta desde o 1 de xuño de 2026 ata o 28 de febreiro de 2027.

A empresa CATEC vén de inaugurar hoxe a súa sede e centro de traballo en Galicia, o Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais, o maior centro tecnolóxico aeroespacial privado en España e centro de referencia en Europa, especializado no desenvolvemento de I+D+i para a industria aeronáutica, espacial e de defensa.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá os días 14 e 15 de abil, no Milladoiro e en Bertamiráns, respectivamente, o relatorio “O problema da vivenda: dereitos e solucións”. A charla impartirase na Casa de Cultura do Milladoiro e no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, ambos días ás 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de abril novas actividades de aprendizaxe co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os/as emprendedores/as poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. A inscrición para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, dá conta de como avanzan os sete proxectos que foron premiados con 10.000 euros cada un dentro do Ames AV LAB, para as actividades de definición e desenvolvemento inicial. Tramoloxía, O Laúro, Dous nichos para Maruja, Nemeto, 42.195 metros, Orquesta Raíña e Serenade foron os sete proxectos premiados. Estes premios, concibidos como capital semente, permitíronlle aos seus creadores avanzar no seu desenvolvemento inicial e atraer novas oportunidades de financiamento. Algúns dos proxectos están en fase de preprodución e busca de financiamento, mentres que outros xa teñen data de gravación.

O alcalde, Blas García, vén de supervisar o avance das obras do Centro Multifuncional de Ames, en compañía da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e do concelleiro de Obras, Gustavo Nieto. A visita foi guiada polo persoal técnico da empresa adxudicataria da actuación, Construcciones Iglesias Mera.

O Concello de Ames vén de presentar o informe sobre os datos estatísticos referentes á subvención para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral, TR331A. Neste documento recóllese que un total de 340 persoas entre o 1 de febreiro de 2025 e o 31 de xaneiro de 2026 foron atendidas, derivadas do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), de xeito presencial, telefónico ou por correo electrónico. A tipoloxía das entrevistas foi variada, requirindo un tempo de atención diferente en cada caso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá os días 23 e 24 de marzo, no Milladoiro e en Bertamiráns, respectivamente, o relatorio Entende a túa factura eléctrica para aforrar enerxía. A charla impartirase na Casa de Cultura do Milladoiro e no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, ambos días ás 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

O programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2025-2026 comezou a desenvolver as actividades no mes de xaneiro, unha vez rematado o proceso de selección das 100 persoas participantes, e rematará en outubro de 2026. Está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 220.000 euros e cofinanciado polos Concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe acadada nas últimas edicións executadas dos programas integrados.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá os días 16 e 17 de marzo, no Milladoiro e en Bertamiráns, respectivamente, o relatorio Tarxetas revolving e microcréditos: a gran trampa. A charla impartirase na Casa de Cultura do Milladoiro e no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, ambos días ás 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
- ‹ anterior
- 3 de 66
- seguinte ›




