- Tematica
O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. Premendo nesta ligazón podes consultar as bases completas da convocatoria.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, abre a convocatoria para seleccionar o proxecto que representará ao noso municipio nesta edición. As empresas e iniciativas emprendedoras interesadas deberán enviar a súa proposta antes do luns, 8 de xuño, ás 15.00 horas. A empresa seleccionada poderá expoñer o seu proxecto na novena edición do Innpulso Emprende, que se vai celebrar os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, convida ás empresas de Ames “a participar nesta convocatoria, que representa unha oportunidade única para destacar o talento e a innovación do noso municipio. O Innpulso Emprende supón un escaparate inmellorable para mostrar o talento innovador local a outros municipios e representantes de grandes empresa”.
As empresas ou proxectos en desenvolvemento participantes selecciónanse de forma previa ao evento, tendo en conta o seu alto compoñente de innovación e o seu plan de crecemento. O Innpulso Emprende, que celebrará este ano na cidade de Terrassa, ten o obxectivo de conectar a alcaldes e alcaldesas con pemes, micropemes e startups innovadoras.
Evento de dúas xornadas
O evento incorporará novas categorías de premios, un formato de dúas xornadas consecutivas e espazos específicos para “Elevator Pitch”, sesións formativas, inspiradoras e de intercambio. Así, a primeira xornada terá un carácter institucional e relacional, e incluirá actividades de benvida e espazos orientados a favorecer o networking entre as persoas participantes, así como o establecemento de vínculos entre cidades, empresas e entidades asistentes.
Pola súa banda, a segunda xornada centrarase no desenvolvemento do programa principal do encontro, incluíndo as presentacións das pemes, micropemes e startups innovadoras seleccionadas polos seus respectivos municipios, que participarán acompañadas polo alcalde ou alcaldesa da súa cidade, así como outras actividades complementarias talles como relatorios marco, sesións temáticas e espazos de intercambio.
Requisitos de participación:
-Poden participar pymes, micropymes, startups ou proxectos empresariais en desenvolvemento.
-As empresas constituídas deben ter antigüidade non superior a cinco anos.
-O proxecto debe ter un carácter innovador e potencial de impacto no territorio.
Información a presentar:
-Nome da empresa ou proxecto.
-Breve descrición da iniciativa.
-Persoas de contacto.
As empresas interesadas poden enviar a súas propostas ao enderezo de correo electrónico patricia.yanez@concellodeames.gal, indicando a información anterior.
Que obxectivos ten Innpulso Emprende?
-Xerar un achegamento entre as mellores pemes innovadoras a nivel nacional, co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación.
-Potenciar o intercambio de experiencias na promoción e apoio á innovación desde a administración
-Promocionar ás pemes Iinnovadoras dos municipios e dotalas de visibilidade para facilitar o seu acceso a mercados potenciais e a posibles investidores.
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: "Ames busca entre sus empresas innovadoras a un representante en un foro nacional"
Diario de Santiago: "Aberto o prazo de selección de proxectos innovadores para participar no Innpulso Emprende 2026"





