Actualidade

Ex., 19-08-2026
Ex., 19-08-2026
Xoves, 27 de novembro de 2025
130 persoas participarán nas XV Xornadas Achégate á Igualdade que se realizarán este venres 28 de novembro no Milladoiro

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para este venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada, que é gratuíta, conta con 130 persoas inscritas. Ditas xornadas están protagonizadas por Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo, que impartirán distintos obradoiros e faladoiros. Esta iniciativa está dirixida a profesionais, público xeral, educadores e educadoras, alumnado, docentes, persoal da área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Mércores, 26 de novembro de 2025
Ames acollerá as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia e o concerto de góspel a prol da doazón de órganos

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, e o coordinador de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, presentaron esta mañá na Casa do Concello as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia organizadas pola Federación Alcer Galicia, que se celebrarán ao longo da mañá do próximo domingo día 30 de novembro no auditorio da Casa da Cultura  de Bertamiráns. Tamén foi presentado o concerto de góspel, programado para o sábado 29, a prol da doazón de órganos.

Martes, 25 de novembro de 2025
Ames conmemora o 25N coa lectura do manifesto institucional e a actuación musical de Belén Tajes

O Concello de Ames, a través da Concellería de Igualdade, organizou un ano máis unha programación específica para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. A programación comezou coa entrega nos colexios de infantil e primaria de lotes de libros sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Hoxe martes, 25 de novembro, deuse lectura ao manifesto institucional na praza do Concello e contouse coa actuación musical de Belén Tajes. O venres 28 de novembro celebraranse as Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, o venres 28 o alumnado do instituto de Bertamiráns participará nunha actividade de formación sobre anti-bulling con defensa persoal.

Venres, 21 de novembro de 2025
Ames conmemora o 25N con diversas actividades de concienciación sobre a violencia machista

O Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, organiza un ano máis unha programación específica para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. A programación comeza coa entrega nos colexios de infantil e primaria de lotes de libros sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O martes 25 darase lectura ao manifesto institucional na praza do Concello e contarase coa actuación musical de Belén Tajes. O venres 28 de novembro celebraranse as Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, o venres 28 o alumnado do instituto de Bertamiráns participará nunha actividade de formación sobre anti-bulling con defensa persoal.

Mércores, 19 de novembro de 2025
Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo protagonistas das XV Xornadas Achégate á Igualdade que se realizarán o venres 28 de novembro no Milladoiro

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Mércores, 19 de novembro de 2025
O Banco de Reciclaxe Electrónico do Milladoiro organiza un obradoiro para entender e reducir a factura da luz

O Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica do Milladoiro imparte o sábado, 22 de novembro, organiza un obradoiro para entender e reducir a factura da luz. Neste taller explicaranse os conceptos clave da factura eléctrica: termo de potencia (custe fixo pola potencia contratada) e termo de enerxía (custe variable polo consumo real). Esta actividade impartirase no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:30 a 13:00 horas. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

Venres, 14 de novembro de 2025
O Concello de Ames colabora con ANEDIA tinguindo de azul a Casa do Concello con motivo do Día Mundial da Diabetes

Hoxe 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes. Co gallo deste acontecemento o Concello de Ames colabora con ANEDIA tinguindo de azul a Casa do Concello e dándolle visibilidade a dita enfermidade que ano tras ano segue aumentando a súa incidencia.  As accións complétanse coa difusión nas redes sociais municipais de dita celebración.

Martes, 11 de novembro de 2025
FAGAMOS e o Concello organizan os Encontros Monoparentais en Ames

A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS), en colaboración co Concello de Ames, organizan a actividade “Encontros Monoparentais en Ames”. Esta iniciativa, que se vai desenvolver no Milladoiro e Bertamiráns, está dirixida a familias monoparentais do concello de Ames (nais/pais e os seus fillos e fillas). Ofreceranse dúas charlas: o 14 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro e o 22 de novembro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ademais, establecerase un punto de asesoramento personalizado o 17 de novembro no Milladoiro e o 25 de novembro en Bertamiráns. Para contar cunha previsión de participación hai que inscribirse enviando un correo electrónico a servizos_sociaisberta@concellodeames.gal. O prazo de inscrición para participar na charla do Milladoiro estará aberto ata ás 00.00 horas do xoves 13 e para a charla de Bertamiráns ata as 00.00 horas do venres 21.

Domingo, 09 de novembro de 2025
O Concello aproba a concesión de 60.000 euros en subvencións a catorce entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, o pasado 27 de xullo, a concesión de axudas para o exercicio 2025 a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para a promoción de actividades de servizos comunitarios e inclusión social. Un total de catorce entidades recibirán 60.000 euros para promover actividades complementarias aos servizos sociais, que favorezan a inclusión, a saúde pública ou a formación laboral.

Luns, 03 de novembro de 2025
Participa no novo obradoiro de lectura que organiza a Oficina de Voluntariado en Bertamiráns

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza un novo obradoiro de lectura, dirixido para persoas adultas. A actividade é gratuíta e impartirase na Casa da Cultura de Bertamiráns os martes en horario de 16.30 a 18.00 horas e dará comezo o vindeiro 11 de novembro. Para participar ou solicitar máis información, hai que enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.