Pestanas principais

Ames conmemora o 25N coa lectura do manifesto institucional e a actuación musical de Belén Tajes

Martes, 25 de novembro de 2025

O Concello de Ames, a través da Concellería de Igualdade, organizou un ano máis unha programación específica para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. A programación comezou coa entrega nos colexios de infantil e primaria de lotes de libros sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Hoxe martes, 25 de novembro, deuse lectura ao manifesto institucional na praza do Concello e contouse coa actuación musical de Belén Tajes. O venres 28 de novembro celebraranse as Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, o venres 28 o alumnado do instituto de Bertamiráns participará nunha actividade de formación sobre anti-bulling con defensa persoal.

​“Nin unha máis, nin unha menos”, así remata o manifesto institucional do Concello de Ames ao que se lle deu lectura esta mañá na praza do Concello con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O manifesto foi lido pola concelleira de Igualdade, Uxía García; a voceira do Partido Popular, Oliva Agra; a voceira do BNG, Escarlata Pampín; e o alcalde de Ames, Blas García. A continuación, contouse coa actuación musical de Belén Tajes, cantante, compositora e gañadora dos premios MIN 2025. Interpretou dous temas, dos cales o primeiro foi unha adaptación de Penélope de Xohana Torres.

​No manifesto faise unha lembranza ás vítimas da violencia machista e renóvase o compromiso do Concello de Ames por unha sociedade máis xusta, segura e igualitaria. “Non hai espazo para a indiferenza nin para a equidistancia: ou estamos coas vítimas, ou alimentamos o silencio que as desprotexe. Cada ano, os números son un recordatorio da urxencia de seguir actuando con firmeza. É responsabilidade de todas e todos protexer, apoiar e acompañar ás vítimas, garantindo atención integral, xustiza e reparación. É necesario seguir educando na igualdade, formando profesionais, fortalecendo os recursos de atención e protección, e garantindo que cada vítima teña acceso a un apoio eficaz e inmediato”.

​O obxectivo desta programación é poñer o foco na concienciación sobre a violencia machista e as súas consecuencias. As actividades comezaron a semana pasada coa entrega de lotes de libros sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller nos colexios de infantil e primaria de Ames. Hoxe 25 de novembro rematouse coa entrega destes lotes de libros nos centros de ensino.

XV Xornadas Achégate á Igualdade
Por outra banda, o venres 28 de novembro celebrarase a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Ademais, ese mesmo día, o venres 28 de novembro, a partir das 10.00 horas, o alumnado do instituto de Bertamiráns participará nunha actividade de formación sobre anti-bulling con defensa persoal. Esta mesma actividade desenvolverase proximamente no IES do Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "«Contra a violencia, nin un paso atrás», proclama Santiago"

Ames conmemora o 25N coa lectura do manifesto institucional e a actuación musical de Belén Tajes

Multimedia

  • Ames conmemora o 25N coa lectura do manifesto institucional e a actuación musical de Belén Tajes