Pestanas principais

Ames conmemora o 25N con diversas actividades de concienciación sobre a violencia machista

Venres, 21 de novembro de 2025

O Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, organiza un ano máis unha programación específica para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. A programación comeza coa entrega nos colexios de infantil e primaria de lotes de libros sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O martes 25 darase lectura ao manifesto institucional na praza do Concello e contarase coa actuación musical de Belén Tajes. O venres 28 de novembro celebraranse as Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, o venres 28 o alumnado do instituto de Bertamiráns participará nunha actividade de formación sobre anti-bulling con defensa persoal.

Un ano máis, Ames acolle unha serie de actividades con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, que se conmemora o vindeiro martes 25 de novembro. O obxectivo desta programación é poñer o foco na concienciación sobre a violencia machista e as súas consecuencias. As actividades comezan coa entrega de lotes de libros sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller nos colexios de infantil e primaria de Ames. 

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, explica que “un ano máis o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organizou unha programación específica de actividades para conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. O acto institucional do 25N realizarase o vindeiro martes pola mañá diante da Casa do Concello e continuará con actividades máis lúdicas como unha actuación musical de Belén Tajes. Ademais, o veres 28 celebraranse as xornadas Achégate á Igualdade no Milladoiro”.

Acto conmemorativo do 25N
O martes 25 de novembro, ás 11.00 horas, celebrase un acto conmemorativo na praza do Concello, en Bertamiráns, coa lectura do manifesto institucional diante da Casa do Concello. A continuación, contarase coa actuación musical de Belén Tajes.

Por outra banda, o venres 28 de novembro celebrarase a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.  

Ademais, ese mesmo día, o venres 28 de novembro, a partir das 10.00 horas, o alumnado do instituto de Bertamiráns participará nunha actividade de formación sobre anti-bulling con defensa persoal. Esta mesma actividade desenvolverase proximamente no IES do Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Obradoiro acoge la lectura del manifiesto por el 25N en un día que multiplica actos en la comarca"

Ames conmemora o 25N con diversas actividades de concienciación sobre a violencia machista