Actualidade

O Real Aeroclub de Santiago acolleu a pasada fin de semana, do 13 ao 15 de marzo, unha das sete probas que conforman o Barcelona Open Banc Sabadell – 73º Torneo Conde de Godó na categoría sub-14, un dos torneos máis prestixiosos do tenis estatal en idade xuvenil. Leo Vidaña e Martina Simón foron os gañadores nas súas respectivas categorías, o que lles dará acceso a disputar á fase final a semana do 11 ao 19 de abril en Barcelona. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, participaron no acto de entrega de premios.

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, presentaron esta mañá o logotipo do Campionato do Mundo IAU de 100 km, que se celebrará no municipio o 20 de setembro de 2026. Trátase da proba máis relevante do atletismo internacional de ultrafondo (International Association of Ultrarunners), que se ven celebrando dende o ano 1987 e que este ano se vai a celebrar no circuíto de 10 quilómetros de Sisalde, que está homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Este evento deportivo suporá un impulso a nivel turístico para Ames, xa que está previsto que participen arredor de 600 atletas, ademais dos seis equipos, xuíces e xuízas técnicos, etc.

Os irmáns de Ames, Olivia e Xoán Parga, volveron competir a pasada fin de semana, sumando deste xeito unha nova experiencia no mundo do karate. Xoán visitou Ciudad Real para disputar a primeira fase da Liga Nacional de Karate sub-21, mentres que a súa irmá Olivia desprazouse ata Valga para defender o título que obtivo na pasada edición do torneo organizado polo Karate Valga.

O karateka da Escola de Karate Dokkodo participou esta fin de semana en Ciudad Real na cuarta xornada da Liga Nacional de Karate, unha das competicións máis esixentes do calendario estatal. A cita supuxo ademais o seu debut na categoría júnior, un salto competitivo importante nunha división marcada por un maior nivel, intensidade e ritmo de combate.

O club TK Denodo de Bertamiráns está de celebración logo de que tres dos seus deportistas participasen no Campionato de España cadete de taekwondo celebrado en San Vicente del Raspeig (Alicante) os días 28 de febreiro e 1 de marzo. Dmytro Kushniruk, Jorge Nogueiras e Xián Paz foron os representantes da delegación amesá na competición estatal, na cal Galicia conseguiu a primeira posición no medalleiro xeral e feminino, e a segunda posición no masculino.

O alcalde de Ames, Blas García, mantivo unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para analizar distintas cuestións de interese para o municipio e avanzar en varios proxectos que ambas administracións están a desenvolver conxuntamente. No encontro tamén participaron a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto.

Este domingo, 8 de marzo, o Concello de Ames acolle o VII Trail e Andaina Ribeiras do Tambre e III Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic. Unha nova edición da proba organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, que este ano reunirá a 569 persoas entre as distintas categorías. A carreira comezará ás 10.00 horas dende A Ponte Maceira, e os participantes poderán recoller os seus dorsais a partir das 07.45 horas nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago en Piñeiro. Este ano, como novidade, poderanse recoller os dorsais o sábado pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas, nas instalacións de BJ Trainers. Consulta todas as bases e regulamento da proba aquí.

Os deportistas amesáns do club Squash Santiago, Mara Prieto e Mauro Vilas, acadaron a medalla de ouro no Campionato Galego sub-15 de squash, celebrado esta pasada fin de semana en Pontevedra, en cadansúa categoría. Tamén houbo metal de bronce para Thiago Vilas, irmán de Mauro. O torneo, organizado polo club Squash Rías Baixas, foi valedoiro para o Ranking Galego Junior sub-15, sendo unha das citas máis importantes do calendario.

O equipo de competición da escola de FitKid, baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, asinou unha estrea soñada na súa primeira participación oficial nun campionato interautonómico, celebrado este pasado domingo, 1 de marzo, no pavillón da Marazuela, en Las Rozas (Madrid). Todas as coreografías presentadas pola escola de Ames lograron subir ao podio. Un pleno de podios que supera calquera expectativa inicial e que confirma o gran traballo realizado durante os últimos meses. Ademais, a organización de Fit Kid España fixo entrega dunha placa de recoñecemento ao director da escola, Edu López, por ser E-motion a primeira escola oficial de FitKid en Galicia.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 19 de febreiro o expediente de licitación das obras para a instalación dun sistema de rega automática no centro de lanzamento de Ventín. O orzamento base de licitación ascende a 40.396,71 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á segunda fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das instalacións deportivas municipais.
- ‹ anterior
- 7 de 74
- seguinte ›




