Pestanas principais

Mara Prieto e Mauro Vilas, ouro no Campionato Galego sub-15 de squash

Mércores, 04 de marzo de 2026

Os deportistas amesáns do club Squash Santiago, Mara Prieto e Mauro Vilas, acadaron a medalla de ouro no Campionato Galego sub-15 de squash, celebrado esta pasada fin de semana en Pontevedra, en cadansúa categoría. Tamén houbo metal de bronce para Thiago Vilas, irmán de Mauro. O torneo, organizado polo club Squash Rías Baixas, foi valedoiro para o Ranking Galego Junior sub-15, sendo unha das citas máis importantes do calendario.

Os xogadores de squash, Mara Prieto e Mauro Vilas, do club Squash Santiago, proclamáronse o pasado 28 de febreiro campións galegos nas súas respectivas categorías, logo de vencer sendas finais dunha cita clave dentro do calendario autonómico, a cal reuniu ás grandes promesas do squash galego nas instalacións do club Squash Rías Baixas, en Pontevedra.

Estes non foron os únicos metais para o squash amesán, xa que Thiago Vilas, irmán de Mauro, levou a medalla de bronce na categoría masculina no que foi o seu debut na categoría sub-15 desta competición, o que lle engade máis mérito a esta xesta. Na edición anterior do torneo, Thiago foi campión na categoría sub-11, un galardón que contribuíu para ser escollido como Promesa masculina máis destacada de Ames, na Gala do Deporte celebrada o pasado 21 de febreiro.

Bolsas municipais ao deporte
Mara Prieto e Mauro Vilas foron beneficiarios, no ano 2025, de dúas das vinte e unha bolsas de axuda aos deportistas locais que ofertou o Concello de Ames. Unha convocatoria por valor de 10.000 euros que ten como obxectivo apoiar a práctica e o rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos e das deportistas do concello en eventos deportivos. Cada deportista puido optar a unha axuda máxima de 700 euros.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Mara Prieto y Mauro Vilas conquistan el Campionato de Galicia sub-15 de squash en Pontevedra"

Amsgo!: "Mara Prieto e Mauro Vilas, ouro no Campionato Galego sub-15 de squash"

Bisbarra: "Os amesáns Mara Prieto e Mauro Vilas logran a medalla de ouro no Galego Sub-15 de Squash"

Mara Prieto e Mauro Vilas, ouro no Campionato Galego sub-15 de squash

Multimedia

  • Mara Prieto e Mauro Vilas, ouro no Campionato Galego sub-15 de squash
  • Mara Prieto e Mauro Vilas, ouro no Campionato Galego sub-15 de squash