Actualidade

O Goberno municipal lembra que é obrigatorio o uso da máscara para as persoas de seis ou máis anos en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre, como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público. O uso é obrigatorio aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. A Policía Local de Ames sancionou a 42 persoas por non cumprir esta normativa.

Este mércores, 20 de maio, o Comité de coordinación policial mantivo unha nova xuntanza na que se realizou un seguimento da xestión da crise sanitaria polo coronavirus e analizáronse as novas directrices marcadas dende o Goberno do Estado. O obxecto da reunión foi abordar a situación actual no concello, tralas medidas tomadas polo Goberno central, para atallar a crise sanitaria e coordinar as actuacións a desenvolver, que garantan o cumprimento das mesmas nesta fase 1 de desescalamento na que nos atopamos. A reunión de seguridade local incidiu na importancia de respectar as normas para a desescalada do confinamento.

O Concello de Ames informa de que este luns 13 e o martes 14 de abril, en horario de 7.00h a 9.00 horas, os membros da Agrupación de Protección Civil e mailos axentes da Policía Local e da Garda Civil repartirán mascarillas entre os/as traballadores de servizos non esenciais que este luns se reincorporan aos seus postos de traballo cuxa actividade foi suspendida o pasado 29 de marzo. O reparto farase nas principais vías de saída de Bertamiráns e do Milladoiro, así como na entrada do polígono empresarial do Milladoiro. Tamén se repartirán e dúas paradas de transporte metropolitano do Milladoiro e noutras dúas de Bertamiráns.

Este martes, 31 de abril, o Comité de coordinación policial mantivo unha nova xuntanza na que se realizou un seguimento da xestión da crise sanitaria polo coronavirus e analizáronse as novas directrices marcadas dende o Goberno do Estado. O obxecto da reunión foi abordar a situación actual no concello tras as medidas tomadas polo Goberno central para atallar a crise sanitaria e coordinar as actuacións á desenvolver que garantan o cumprimento das mesmas.

Dende o Concello e as forzas e corpos de seguridade volven a insistir na necesaria colaboración da cidadanía para o estrito cumprimento das normas derivadas do Real Decreto 463/2020 que establece o estado de alarma. A Policía Local de Ames procedeu a cursar ata un total de 30 denuncias en dous días por non respectar as medidas de seguridade impostas polo Executivo central ante a pandemia do coronavirus.

Este mércores, 18 de marzo, celebrouse unha xuntanza na Casa do Concello, en Bertamiráns, para abordar a situación actual no concello de Ames tras as medidas tomadas polo Goberno do Estado para atallar a crise sanitaria do COVID-19 e coordinar as actuacións á desenvolver que garantan o cumprimento das mesmas.

A Policía Local conta con diversos ámbitos de actuación, atendendo a diferentes problemáticas e áreas de acción co obxectivo de garantir unha boa convivencia entre as veciñas e veciños do concello. Entre as áreas de acción destacan os programas formativos que desenvolven cos menores, civismo e convivencia cidadá, o tratamento de obxectos perdidos, intervencións administrativas e xudiciais, colaboracións en actos do concello, medio ambiente, ou tráfico. No 2019 tamén se realizou a mellora de material, coa adquisición dun desfibrilador e un drogotest, que realiza a detección de sustancias tóxicas ou estupefacientes que inflúen na condución para previr os accidentes provocados por drogas.

O plan formativo, que está impartindo de xaneiro a xuño a Policía Local nos colexios de infantil e primaria, institutos e escolas unitarias, está dividido en dúas partes. Primeiro, ofrécense charlas educativas nos centros de ensino, para logo, facer saídas e poñer en práctica o explicado nas aulas. Ata o de agora, xa impartiron ditas charlas no CEP de Ventín, nas escolas unitarias de Ortoño e Covas e no CEIP de Barouta. Nestas charlas informativas abórdanse diferentes norma de seguridade viaria cando se camiña como un peón, para cruzar unha estrada, cando se circula cunha bicicleta, pero tamén se fala dos sistemas de retención infantís dos vehículos.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e mailo alcalde de Ames, José Miñones, presidiron a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se analizou a seguridade cidadá no municipio, o máis seguro de Galicia e segundo de España, segundo amosan os datos recollidos no balance anual de criminalidade 2019 do Ministerio do Interior. O Concello de Ames pasou de 945 infraccións penais no 2018 ás 744 no 2019, o que representa unha baixada do 21,3%, a maior de toda España. En dita xuntanza tamén estiveron representantes da Guarda Civil e do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta de Galicia, así como varios representantes municipais.

O dispositivo móbil controlará os excesos de velocidade da N-550 ao seu paso por Milladoiro. Trátase dun dispositivo de última xeración que permitirá medir a velocidade en tempo real dos vehículos a través dun sistema wifi que conecta o equipo cunha táblet para coñecer os datos de forma inmediata e que contribuirá a mellorar a seguridade viaria ao dotar de máis recursos técnicos á Policía Local.
- ‹ anterior
- 3 de 4
- seguinte ›




