O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta 2 do tribunal do proceso de técnico de secretaria coa resolución de alegacións e resultado definitivo da baremación dos méritos correspondentes á fase de concurso. Ademais, publícase a data e hora para a realización do exame da fase de oposición. Trátase do proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
Procesos selectivos en desenvolvemento
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio de declaración de persoal laboral fixo, publicado no BOP, sobre o proceso selectivo de xornalista-redactor/a da radio municipal. Trátase da continuidade do proceso de estabilización tras ser suspendido.
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Este obradoiro está financiado a través dunha subvención de 454.552,00 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro dual emprego Renova Verde terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as (15 do concello de Ames e 5 do concello de Brión). Ademais, concedéronse 36.000 euros para 8 incentivos á contratación laboral.
Anuncio sobre a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia PEL CONCELLOS 2026.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio de proposta de nomeamento, publicado no BOP, sobre o proceso selectivo de persoal de auxiliar administrativo. Trátase da continuidade do proceso de estabilización tras ser suspendido.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio de proposta de nomeamento, publicado no BOP, sobre o proceso selectivo de persoal de servizos xerais (servizo de actividades complementarias) a xornada completa. Trátase da continuidade do proceso de estabilización tras ser suspendida.
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Este obradoiro está financiado a través dunha subvención de 454.552,00 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro dual emprego Renova Verde terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as (15 do concello de Ames e 5 do concello de Brión). Ademais, concedéronse 36.000 euros para 8 incentivos á contratación laboral.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a aprobación da lista de agarda do proceso de estabilización dunha praza de xornalista-redactor/a da Radio Municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio sobre a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección, polo sistema de concurso oposición, para arquitecto (funcionario interino) e posterior formación dunha bolsa de traballo do Concello de Ames.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa lista de agarda do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de agarda para o posto de técnico informático do Concello de Ames.
- 1 de 4
- seguinte ›




