
Solapas principales
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG de Ames recorda que “A Xunta establece un modelo de cobertura territorial baseado no número de habitantes e na distancia-tempo de resposta. Os concellos que superen os 20.000 habitantes e teñan un crecemento sostido deben estar dotados dun parque propio ou dun servizo permanente de atención inmediata” . Ademais “o Plan Estatal de Protección Civil, recomenda que os concellos de máis de 20.000 habitantes teñan plans locais de emerxencia e estrutura propia de resposta rápida”, engaden.
“A negativa do alcalde a respectar o regulamento non só supón unha falta de respecto aos grupos da oposición, senón que deteriora gravemente o funcionamento democrático da Corporación e o dereito da veciñanza a unha representación política xusta e transparente”, declara a voceira do BNG de Ames Escarlata Pampín.
Tras unha xuntanza mantida cos clubs e asociacións deportivas, nas que se expuxeron as carencias e necesidades coas que se atopan diariamente, o BNG de Ames presentará ao pleno deste mércores 28 de maio unha moción para reclamar que se actúe decididamente en materia deportiva. “A promoción do deporte e de ocupación do tempo libre é unha competencia propia das entidades locais. Os Concellos deben investir en deporte como prevención en saúde física e mental. Ademais de fomentar os bos hábitos nas condutas adolescentes”, manifesta a Voceira Escarlata Pampín.
A Plataforma Galega Vivenda Xa! nace pola necesidade de poñerlle remedio á situación actual que califican de altamente preocupante, “o encarecemento dos prezos de compra e alugueiro, a escaseza de vivenda pública, a existencia de vivendas baleiras sen uso e o deterioro do parque habitacional son algúns dos factores que dificultan o acceso a un fogar digno especialmente para a poboación máis vulnerable” explica Iria Nande, voceira da Plataforma.
Escarlata Pampín, voceira do grupo municipal do BNG de Ames, incidiu en que “para o noso grupo é prioritario que a veciñanza conte cun parque comarcal de bombeiros” e engadiu. “esta necesidade vén xa de moitos anos atrás, Ames, polo censo que ten, está obrigado a contar cun servizo propio de bombeiros e seguimos carecendo desta prestación absolutamente imprescindible”.
- ‹ anterior
- 8 de 11
- siguiente ›









