Solapas principales

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG de Ames defende unhas festas máis inclusivas e sostibles cunha moción que foi aprobada por unanimidade
Viernes, 27 de junio de 2025

Dende o BNG de Ames, piden que se establezan medidas para limitar o uso das bombas de palenque e doutros elementos de pirotecnia ruidosa nas festas organizadas ou apoiadas polo Concello de Ames, especialmente nas primeiras horas da mañá e en días de alto risco de incendio, segundo a clasificación da Xunta de Galicia. Consideran que estes elementos poden provocar ansiedade, estrés ou mesmo respostas físicas intensas, xerando situacións de malestar que, en ocasións, obrigan a persoas ou familias enteiras a abandonar o entorno festivo. 

A receita de Brión leva dous anos cociñándose en Ames, e cheira a rancio
Viernes, 20 de junio de 2025

A receita de Brión leva dous anos cociñándose en Ames, e cheira a rancio. Os ingredientes de desidia, retroceso e incapacidade  producen un fedor tan intenso que chega a todos os recunchos de Ames. Fede a personalismo, a  autoritarismo, e a burla á veciñanza que votou en clave progresista para acadar un goberno de esquerdas e recibiu un pacto PSOE-PP.

Un goberno incapaz e autoritario que ignora as verdadeiras prioridades da veciñanza
Miércoles, 18 de junio de 2025

O grupo municipal do BNG fixo balance dos dus anos do goberno do PSOE, apoiado nun pacto co Partido Popular,  cualificándoo dun  equipo moi feble, que ten demostrado a súa incapacidade para xestionar con eficacia os recursos públicos,  “non ten nin propostas nin proxectos novos está a vivir das herdanzas do pasado, moitas delas políticas desenvolvidas polo BNG”, manifestou a voceira, Escarlata Pampín.  

Escarlata Pampín, a voz de Ames no Parlamento Europeo
Jueves, 12 de junio de 2025

A  vivenda é  un dos principais problemas no concello de Ames, por iso Escarlata Pampín participa no Parlamento Europeo nunhas xornadas nas que se trata a problemática da vivenda organizadas pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

Ames necesita un parque de bombeiros, o alcalde non pode seguir xogando coa seguridade da veciñanza de Ames
Jueves, 12 de junio de 2025

O BNG de Ames recorda que “A  Xunta establece un modelo de cobertura territorial baseado no número de habitantes e na distancia-tempo de resposta. Os concellos que superen os 20.000 habitantes e teñan un crecemento sostido deben estar dotados dun parque propio ou dun servizo permanente de atención inmediata” . Ademais  “o Plan Estatal de Protección Civil, recomenda que os concellos de máis de 20.000 habitantes teñan plans locais de emerxencia e estrutura propia de resposta rápida”, engaden.