
Solapas principales
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O Xulgado do Social Nº1 de Santiago de Compostela vén de condenar ao Concello de Ames, a través da empresa pública Augas de Ames, a indemnizar ao anterior delegado de persoal da empresa e ao sindicato nacionalista CIG con 7.500€ a cada parte por vulneración de dereitos sindicais.
Durante a sesión plenaria do Concello de Ames, a portavoz e concelleira do Bloque Nacionalista Galego, Escarlata Pampín, e a concelleira nacionalista, Rosalía Seijas, advertiron da “falta de transparencia, previsión e responsabilidade económica” do goberno socialista en proxectos clave como o Centro da Mocidade do Milladoiro e na xestión ordinaria das contas municipais.
A veciñanza de Lapido vive preocupada pola desatención que sofren xa que hai un punto no camiño convencional á entrada da aldea que se estreita tanto que impide o paso a calquera vehículo de emerxencia. “É imposible que unha ambulancia ou un camión de bombeiros poida acceder a atender a unha persoa por esta vía” explica Carla Vázquez, veciña de Lapido, “por iso hai anos xuntámonos os veciños e veciñas, recollemos firmas e fixemos unha petición no Concello para que nos habilitaran a ponte como vía excepcional para o paso de vehículos de emerxencia”, lembra.
Alejandra Tojo, bisneta do represaliado José Tojo, e a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín foron as encargadas de darlle voz aos once “Homiños de Boimorto” asasinados o 20 de agosto de 1936 polas forzas fascistas.
As deputadas do BNG, Iria Carreira e Mercedes Queixas, levarán ao Parlamento de Galiza a necesidade urxente de acometer melloras no conxunto patrimonial de Ponte Maceira, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumento no ano 2022, e de reforzar a seguridade na estrada autonómica AC-544, que une Bertamiráns e Negreira.
- ‹ anterior
- 6 de 11
- siguiente ›









