Solapas principales

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

“Homiños de Boimorto”, noventa anos despois son inmortais
Lunes, 31 de agosto de 2026

Este ano a homenaxe do BNG de Ames tivo lugar na carballeira de Ortoño e contou coas intervencións de Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, concelleiro do BNG de Boimorto, Alejandra Barco Tojo, bisneta do represaliado José Tojo e Escarlata Pampín López, voceira do BNG de Ames.  Os numerosos asistentes puxeron de manifesto o interese da veciñanza en denunciar os feitos e evitar que vítimas da represión fascista queden no esquecemento. 

BNG elixe nova Responsable Local: Paula Castro
Viernes, 31 de julio de 2026

A xornalista Paula Castro, veciña de Ames desde hai 22 anos, é licenciada en Historia Contemporánea e en Ciencias de Información pola Universidade de Santiago e experta en Igualdade pola UNED. Logo de pasar por varios medios de comunicación, nomeadamente A Nosa Terra, na que traballou durante case unha década, actualmente desenvolve a súa actividade no Gabinete de Comunicación da Confederación Intersindical Galega (CIG).

O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames
Miércoles, 15 de julio de 2026

Nun acto celebrado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a concelleira comprometeuse a impulsar o futuro de Ames “se hoxe dou este paso é porque quero dedicar toda a miña capacidade, toda a miña experiencia e toda a miña ilusión a estar á altura de Ames. Ese é o compromiso que asumo diante de vós. Porque cando un concello como Ames mira cara ao futuro, merece persoas dispostas a estar á súa altura”.

O BNG de Ames leva a pleno as necesidades do Parque Empresarial Novo Milladoiro
Lunes, 29 de junio de 2026

Reclama a creación de novas bolsas de estacionamento e alternativas que permitan reducir a presión existente nas súa rúas, realizar un estudo técnico e rigoroso sobre a mobilidade, tráfico, estacionamento e seguridade viaria  e defende, de novo, a necesidade dun acceso directo para o polígono empresarial.

O BNG exixe a mellora das instalacións e servizos dos centros educativos de Ames
Martes, 19 de mayo de 2026

Durante a súa intervención na Comisión de Educación, Chao puxo o foco en cinco centros: a Escola de Educación Infantil do Milladoiro, o CEIP de Ventín, o CEIP da Maía, a unitaria da Igrexa e o CEIP de Barouta. Entre as principais problemáticas, a deputada destacou “filtracións e humidades persistentes, cubertas en mal estado, falta de accesibilidade, riscos en caso de evacuación, e mesmo danos nas portas dos baños que afectan á privacidade do alumnado”.