Agenda

O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, celebra este ano a súa sexta edición, co obxectivo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok.

O Concello de Ames organiza unha semana chea de concertos con motivo de Santa Icía, a patroa dos músicos. Deste xeito, recóllese unha programación de espectáculos musicais dende o 18 ao 23 de novembro para conmemorar dita celebración. As entradas e convites para os espectáculos poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS), en colaboración co Concello de Ames, organizan a actividade “Encontros Monoparentais en Ames”. Esta iniciativa, que se vai desenvolver no Milladoiro e Bertamiráns, está dirixida a familias monoparentais do concello de Ames (nais/pais e os seus fillos e fillas). Ofreceranse dúas charlas: o 14 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro e o 22 de novembro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ademais, establecerase un punto de asesoramento personalizado o 17 de novembro no Milladoiro e o 25 de novembro en Bertamiráns. Para contar cunha previsión de participación hai que inscribirse enviando un correo electrónico a servizos_sociaisberta@concellodeames.gal. O prazo de inscrición para participar na charla do Milladoiro estará aberto ata ás 00.00 horas do xoves 13 e para a charla de Bertamiráns ata as 00.00 horas do venres 21.

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de novembro. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro e novembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira Electrónica. A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e Turismo de Galicia, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso.

A Aula da Natureza vén de presentar a nova programación de actividades para este outono. Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, organizarán diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, unha ruta teatralizada, unha saída e exposición de herbas medicinais, obradoiros de cociña con alimentos propios desta estación e a quinta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de decembro. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso.
- ‹ anterior
- 2 de 3
- siguiente ›




