Avisos

Por ejemplo, 13-11-2026
Por ejemplo, 13-11-2026
Viernes, 8 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 8 marzo, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 6 marzo, 2024
A Escola Municipal de Música de Ames organiza no mes de abril catro obradoiros musicais diferentes dirixidos a maiores de oito anos. Pensados para grupos de ata vinte persoas, inclúen propostas de batucada, música tradicional, teatro musical e home studio. Teñen un custe de 10 euros, e desenvolveranse nas instalacións da EMMA todos os sábados do mes, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Aquelas persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando a enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.
Lunes, 4 marzo, 2024
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas. Aínda quedan prazas dispoñibles.
Viernes, 1 marzo, 2024
O Concello de Ames abre entre o 1 de marzo e o 1 de abril o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2024-2025, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
Viernes, 1 marzo, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante os días 5, 7 e 8 de marzo no Milladoiro co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Viernes, 1 marzo, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Primavera Lúdica 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Viernes, 1 marzo, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 1 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 29 febrero, 2024
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 12 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar ao pé deste aviso ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.