Avisos
Lunes, 26 febrero, 2024
Aínda quedan prazas libres nas Escolas deportivas municipais 2023/2024. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”. As prazas libres poden consultarse na plataforma Cronos. Poden formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron en quendas anteriores ou que quedaran excluídas. Tamén poderán anotarse aqueles/as aos/ás que xa se lles adxudicou praza noutra actividade.
Lunes, 26 febrero, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
Viernes, 23 febrero, 2024
A Escola Municipal de Música (EMMA) informa de que conta con prazas libres para as disciplinas de música e movemento, canto, violín e frauta no curso 2023-2024. As persoas que aínda estean interesadas en participar nalgunha destas modalidades poderán anotarse ao longo do curso, cubrindo a ficha para anotarse e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello.
Viernes, 23 febrero, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 23 febrero, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 16 febrero, 2024

Miércoles, 14 febrero, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 13 febrero, 2024
O Concello de Ames dá traslado deste comunicado enviado pola FEGAMP sobre o cese das emisións de TDT en definición estándar:
Lunes, 12 febrero, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do aspirante aprobado proposto polo tribunal no proceso selectivo dunha praza de axudante – preparador/a deportivo/a.
- ‹ anterior
- 82 de 182
- siguiente ›