Avisos
Viernes, 22 marzo, 2024
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Primavera Lúdica 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 19 marzo, 2024
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 7 de marzo as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2024. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, estará aberto entre o 15 de marzo e mailo 15 de abril.
Lunes, 18 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no DOG sobre o nomeamento de funcionarios de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos de estabilización.
Lunes, 18 marzo, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Primavera Lúdica 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Lunes, 18 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 15 marzo, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 15 marzo, 2024
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións pública (LPACAP) e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do regulamento de uso e funcionamento da Factoría do Concello de Ames, se procede a efectuar, en cumprimento do Decreto da Alcaldía 811/2024 unha consulta pública a través da web municipal, co fin de acadar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
Jueves, 14 marzo, 2024
De acordo co artigo 6 da Lei de Réxime Xurídico do sector público (LRXSP) publícase a presente resolución no Boletín Oficial da Provincia e na páxina Web do Concello para a súa máxima difusión ao persoal e ao público en xeral durante un prazo de 15 días. Unha vez rematado o prazo de exposición pública sen que se teñan producidas alegacións entenderase esta resolución como definitiva.
Miércoles, 13 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).
Viernes, 8 marzo, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 80 de 182
- siguiente ›




