Avisos
Lunes, 29 junio, 2026
O Concello de Ames abriu o luns, 1 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Este ano, como novidade, o proceso realizarase a través da nova app Concello de Ames. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas.
Lunes, 29 junio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa sobre as prazas libres que quedaron na Escola Municipal de Teatro despois que o pasado o 23 de xuño rematase o prazo de renovación de praza para persoas que participaron nesta actividade municipal durante o pasado curso.
Viernes, 26 junio, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación, a Aula AMTIC, organizou para o mes de xullo dous cursos para público infantil e xuvenil arredor das artes dixitais. Para poder participar é preciso enviar cuberto o formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poderán facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Viernes, 26 junio, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 26 junio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 27 de xuño, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Viernes, 26 junio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no programa municipal da Escola de Verán 2026. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estaban escolarizados no 2º ciclo de educación infantil e en educación primaria. Podes consultar as listaxes completas ao pé deste aviso.
Jueves, 25 junio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes admitidas e excluídas de novos/as usuarios/as nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2026-2027. O prazo de matrícula vai do 23 de xuño ao 7 de xullo. Para dispor de máis información e sacar cita previa hai que chamar ao número de teléfono 981 89 14 76.
Jueves, 25 junio, 2026
O Concello de Ames súmase á convocatoria da FEGAMP dun minuto de silencio mañá, venres 26 de xuño de 2026, ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello en Bertamiráns e das Oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro, debido ás devastadoras consecuencias do grave terremoto que afectou a Venezuela e que deixa tras de si unha gran cantidade de vítimas mortais e numerosos feridos.
Martes, 23 junio, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no boletín 225/71GAL emitido o día 23-06-2026 ás 9:44h informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por temperaturas máximas e tormentas.
Lunes, 22 junio, 2026
No período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ambos incluídos), as oficinas de asistencia en materia de rexistro (OAMR) do Milladoiro e de Bertamiráns e o Padrón municipal modifican o seu horario de atención ao público:
- ‹ anterior
- 8 de 178
- siguiente ›




