Avisos

Por ejemplo, 19-10-2026
Por ejemplo, 19-10-2026
Viernes, 23 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 23 agosto, 2024
Durante a noite a caída dunha árbore provocou a rotura lunha liña de media tensión, o que afectou a tres tramos de liña pertencentes ao concello de Ames: Trasmonte, Leboráns e Portanxil. A incidencia foi solucionada ao longo da mañá.
Jueves, 22 agosto, 2024
O departamento de Deportes e Promoción da Saúde informa que a técnica encargada de guiar a andaina "Camiñando no solpor" prevista para hoxe, 22 de agosto, non pode acudir por razóns médicas. Deste xeito, a andaina queda cancelada.
Jueves, 22 agosto, 2024
O Concello de Ames vén de aprobar na Xunta de Goberno Local do 16 de agosto a concesión das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que levaron a cabo actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social de Ames durante o primeiro semestre de 2024.
Miércoles, 21 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, informa de que foron cubertas todas as prazas para participar na ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra que terá lugar o sábado 24 de agosto.
Martes, 20 agosto, 2024
O F.C. Meigas dá comezo á nova tempada co lanzamento da súa campaña de abonados "20 anos camiñando xuntxs". Aquelas persoas que o desexen xa poden conseguir o seu abono ou facerse socias premendo na ligazón ao pé deste aviso. Para máis información, podes contactar co club no teléfono 621 04 33 27, a través das súas redes sociais ou enviando un correo electrónico a fcmeigas@gmail.com.
Lunes, 19 agosto, 2024
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A segunda andaina será este xoves, 22 de agosto, no Milladoiro. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas. Recoméndase que as persoas participantes leven unha lanterna.
Viernes, 16 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 14 agosto, 2024
Dende o departamento de Medio Ambiente comunican que, ante a previsión meteorolóxica para os días 16 e 17 de agosto, adíanse as Noites de Estrelas previstas para ambas xornadas nos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro. A todas aquelas persoas inscritas se lles reservará a súa praza para a vindeira convocatoria, que será anunciada próximamente.
Miércoles, 14 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, informa de que foron cubertas todas as prazas para participar nas Noites de Estrelas do venres 16 de agosto no Milladoiro, e o sábado 17 en Bertamiráns, entre as 21:30 horas e as 00:00.