Avisos

Por ejemplo, 19-10-2026
Por ejemplo, 19-10-2026
Miércoles, 14 agosto, 2024
Deputación Provincial da Coruña, a través do Convenio de Colaboración para o financiamento da realización das actividades do proxecto “AMES AV LAB” Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames (“AMES AV LAB”), dentro do Plan de Emprego Local, concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais para impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o impulso do importante tecido produtivo audiovisual do Concello de Ames.
Lunes, 12 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o nomeamento de funcionario de carreira na praza de técnico do Ciclo Integral da Auga e creación dunha bolsa de emprego, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A toma de posesión no caso dos funcionarios de carreira efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación da resolución do nomeamento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, créase unha bolsa de traballo de Técnicos/as do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames.
Lunes, 12 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a declaración de persoal laboral fixo na praza de traballador/a social e creación dunha bolsa de emprego, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio desta resolución no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, créase unha bolsa de traballo de Traballadores/as Sociais do Concello de Ames (Grupo A2) cos aspirantes que non obtiveron praza no proceso selectivo.
Viernes, 9 agosto, 2024
As piscinas do Milladoiro e Tapia regresan de forma inmediata á súa actividade despois dos traballos de mantemento realizados en ambos vasos. Gracias pola compresión e desculpen as molestias.
Viernes, 9 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 8 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, informa de que foron cubertas todas as prazas para participar na Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos que se celebrará este sábado, 10 de agosto, entre as 21:30 horas e as 00:00.
Jueves, 8 agosto, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2024, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de subsanacións remata o 23 de agosto.
Miércoles, 7 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a relación da aspirante aprobada proposto polo tribunal para cubrir unha praza de traballador/a social, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Os/as candidatos/as finalistas que fosen propostos polo tribunal para ocupar as prazas convocadas deberá/n achegar, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da proposta do tribunal, os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para cubrir a praza convocada, que serán os indicados na base 7.a das e as que se indican para cada praza no Anexo II. A falta de presentación en prazo da documentación esixida será equivalente a unha renuncia.
Miércoles, 7 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a relación do aspirante aprobado proposto polo tribunal para cubrir unha praza de técnico/a do Ciclo Integral da Auga, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Os/as candidatos/as finalistas que fosen propostos polo tribunal para ocupar as prazas convocadas deberá/n achegar, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da proposta do tribunal, os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para cubrir a praza convocada, que serán os indicados na base 7.a das e as que se indican para cada praza no Anexo II. A falta de presentación en prazo da documentación esixida será equivalente a unha renuncia.
Miércoles, 7 agosto, 2024
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agostodesenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A primeira andaina será mañá, xoves 8 de agosto, no Milladoiro. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas. Recoméndase que as persoas participantes leven unha lanterna.