Avisos

Por ejemplo, 19-10-2026
Por ejemplo, 19-10-2026
Lunes, 9 septiembre, 2024
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) informa de que as clases do novo curso comezan o vindeiro luns 16 de setembro. As clases impartiranse no Edificio Multiusos de Aldea Nova e cada alumno/a comezará no horario que se lle confirmou no momento da realización da matrícula. Para calquera dúbida, pódese contactar coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou no teléfono 981 535 940.
Lunes, 9 septiembre, 2024
Co fin de organizar as saídas de forma gradual, solicitamos que nos indique o horario de preferencia para recoller o seu fillo ou filla. Prema sobre o nome do centro para escoller a quenda que prefira. Só estará activo para marcar a opción inicial, quedando deshabilitado o luns 9 de setembro ás 23.59 horas. Para modificar a opción, deben contactar cas coordinadoras.
Viernes, 6 septiembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 3 septiembre, 2024
Ata o vindeiro 10 de setembro está aberto o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
Martes, 3 septiembre, 2024
Ata o vindeiro día 6 está aberto o prazo de inscrición extraordinario da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao curso 2024-2025. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais. As clases darán comezo o 16 de setembro.
Viernes, 30 agosto, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Setembro Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 30 agosto, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 29 agosto, 2024
Este xoves, 29 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá a sétima e derradeira xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión o espectáculo do monologuista Manolo Boquete, ás 19:00 horas. O cantautor e monologuista será o encargado de pechar el ciclo estival “Seráns de Ames” cun espectáculo no que a música, os contos e historias e o bo humor son os ingredientes principais para arrancar as risas do público, ao que o monologuista interpela con frecuencia para implicalo nas súas actuacións.
Jueves, 29 agosto, 2024
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A terceira e derradeira andaina será hoxe, xoves 29 de agosto, en Bertamiráns. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas. Recoméndase que as persoas participantes leven unha lanterna.
Lunes, 26 agosto, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2024, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.