Avisos
Miércoles, 7 mayo, 2025
Ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
Lunes, 5 mayo, 2025
A actividade do programa Apego deste venres, "Arrolos de salitre", de Guadi Galego e Guillerme Fernández, contará cun segundo pase do espectáculo por mor da alta demanda de participación. Deste xeito, manterase a primeira actuación prevista para ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e realizarase unha segunda quenda ás 19.00 horas. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves día 8 de maio. Para participar, é preciso enviar un correo a normalización@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Viernes, 2 mayo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 2 mayo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 2 mayo, 2025
Ata o 7 de maio está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2024, a través dunha enquisa que se pode atopar neste aviso. A finalidade desta iniciativa é a participación da veciñanza nun dos premios que se entregarán na XVII Gala do Deporte. O evento celebrarase o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns.
Viernes, 2 mayo, 2025
O prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño, está aberto ata o vindeiro 7 de maio de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Miércoles, 30 abril, 2025
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para saber se está admitido/a no campamento que fixo a inscrición. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. Posteriormente, o 6 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa.
Martes, 29 abril, 2025
A Rede municipal de comedores escolares volverá a funcionar dende este mércores 30 de abril. Dende a Concellaría de Planificación e Xestión Educativa infórmase que debido ao corte de subministro eléctrico do 28/4/25, o menú previsto inicialmente para os días 30 de abril e 2 de maio deberá sufrir cambios. Trátase de cambios loxísticos, co fin de poder xestionar o excedente subministrado nestes días e cumprindo coa máxima garantía de calidade e cantidade. Desculpen as molestias ocasionadas.
Martes, 29 abril, 2025
Desde o Concello de Ames, comunícaselle ás persoas convocadas para a realización do segundo exame (tipo test) da bolsa de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames que debido á situación excepcional vivida no día de onte anúlase a realización do exame previsto para hoxe, martes 29 de abril. Proximamente publicarase na sede electrónica e na web municipal a nova data de realización da proba. Desculpen as molestias ocasionadas.
Viernes, 25 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do nomeamento de funcionario/a interina por programa no posto de axente local de innovación, así como a creación dunha lista de agarda para cubrir posibles substitucións neste posto.
- ‹ anterior
- 46 de 180
- siguiente ›




