Avisos

Por ejemplo, 12-10-2026
Por ejemplo, 12-10-2026
Lunes, 19 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o vindeiro 9 de xuño está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2024, a contía total volve a acadar os 60.000 euros. A tramitación para solicitar estas axudas debe facerse a través da Sede electrónica do Concello de Ames. O prazo de solicitude é un mes a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña e, como neste caso, remataría nun día inhábil (domingo), o prazo prorrógase finalmente ata o luns 9 de xuño.
Lunes, 19 mayo, 2025
O Concello de Ames abre dende o luns, 19 de maio, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.
Viernes, 16 mayo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 16 mayo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 12 mayo, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar na Foliada con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk, que se vai celebrar este venres, 16 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Será un encontro cheo de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. Quen teña instrumentos tradicionais pode traelos para axudar a facer a festa.
Viernes, 9 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2025-2026. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, que abrangue do 1 a o 16 de xuño, para formalizar a matrícula.
Viernes, 9 mayo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 9 mayo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 8 mayo, 2025
A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural informa que se adían as xornadas de plantas medicinais, previstas para o venres 9 e sábado 10 de maio, e que están incluídas na programación de primavera da Aula da Natureza.
Jueves, 8 mayo, 2025
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025. O sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o mércores, 14 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 19 de maio.